Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca a colaboración da Xunta coa Federación Galega de Ciclismo...

Ethel Vázquez destaca a colaboración da Xunta coa Federación Galega de Ciclismo no impulso de iniciativas conxuntas na mellora da seguridade dos usuarios da bicicleta

0

Vázquez Mourelle salienta o traballo excepcional e disposición da Federación para traballar coa Xunta en iniciativas como a campaña “metro e medio”, sobre respecto mutuo entre ciclista e condutor, ou a distribución de 4.000 cortaventos reflectantes

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou esta tarde na Gala do Ciclismo Galego 2018, organizada polo Federación Galega de Ciclismo, onde destacou a colaboración da Xunta coa Federación no impulso de iniciativas conxuntas na mellora da seguridade dos usuarios da bicicleta.

Vázquez Mourelle agradeceu a oportunidade de acompañar ao colectivo de ciclistas nesta Gala e felicitou o traballo excepcional da Federación, que ten permitido traballar coa Xunta en iniciativas moi interesantes, e que naceron dun clima de entendemento e de ganas de facer cousas xuntos, remarcou.

Neste sentido, referiuse á campaña en televisión e prensa “metro e medio”, sobre respecto mutuo entre ciclista e condutor, e aos máis de 4.000 cortaventos reflectantes que se están a distribuír entre os usuarios máis vulnerables das estradas galegas. Tamén se referiu a súas aportacións na mellora no deseño de sendas ciclistas e ao incremento de seguridade dos ciclistas en moitas estradas de Galicia, que contan cunha sinalización e unhas beiravías pensadas para eles.

Actuacións da Xunta, engadiu, que supoñen, dunha banda unha maior seguridade para os usuarios da bicicleta e, por outra, contribúen a unha maior sensibilización cos perigos que entraña a estrada, onde ciclistas e peóns son os seus usuarios máis vulnerables.

Tamén quixo por en valor os logros dos 80 galardoados, de quen dixo sentir un absoluto orgullo por eles, por ser galegos e levar o nome de Galicia á esfera nacional e internacional, por ser exemplo para a sociedade, e polo seu afán de superación e constante mellora.

E concluíu subliñando que “todos podemos atopar cousas en común con estes 80 homes e mulleres que nos ensinan que hai que seguir traballando, por moi costa arriba que vexamos o camiño ou por moi difícil que pareza o paso”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre