Inicio Galicia Ethel Vázquez comprométese cos afectados de Chapela e Trasmañó a trasladar ao...

Ethel Vázquez comprométese cos afectados de Chapela e Trasmañó a trasladar ao Goberno de España as súas demandas de execución das medidas compensatorias polas obras de ampliación da AP9

0

A Xunta reiterará a súa solicitude de convocatoria da comisión conxunta da seguimento da autoestrada


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comprometeuse cos afectados de Chapela e Trasmañó a trasladarlle ao Goberno de España as súas demandas de execución das medidas compensatorias polas obras de ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso polo concello de Redondela.

A conselleira vén de reunirse con representantes da Asociación de Afectados da Ap9 e da Asociación de Veciños de Trasmañó, que estiveron acompañados polo deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados, Javier Bas, e pola voceira do Partido Popular de Redondela, María Carme Amoedo. Aseguroulles que a Xunta reiterará a súa solicitude de convocatoria da comisión conxunta de seguimento da autoestrada co obxectivo de expoñer as súas demandas e todas as cuestións que lles preocupan aos galegos en relación coa AP-9.

Os afectados trasladaron a súa preocupación pola falta de avances e noticias sobre as actuacións comprometidas polo Ministerio de Transportes e Mobilidade de instalación de pantallas antirruido na autoestrada para protexer o seu contorno, así como sobre a reposición das vías municipais afectadas polas obras.

A ese respecto, lembraron que xa pasou máis dun ano desde a publicación, o 30 de outubro de 2018, da adenda ao convenio entre o Goberno de España e a sociedade concesionaria da AP-9, Audasa, que sustenta o financiamento das obras de ampliación. Esa adenda recolle o financiamento das actuacións comprometidas coas dúas asociacións e desde a súa publicación oficial non se coñecen avances no impulso das actuacións, o que supón un motivo de inquedanza para os veciños afectados.

A conselleira garantiulles que dará traslado das súas demandas ata que se vexan satisfeitas e que o Goberno galego manterá tamén activa a súa demanda de liberación da peaxe de Redondela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre