Inicio Galicia Ethel Vázquez avoga por acompasar a modernización da liña ferroviaria entre Porto...

Ethel Vázquez avoga por acompasar a modernización da liña ferroviaria entre Porto e Valença coa electrificación do treito pendente en Galicia e o impulso da saída sur de Vigo

0

A conselleira salienta a importancia estratéxica para Galicia do obxectivo de reducir a 90 minutos o tempo de viaxe en tren entre Vigo e Porto


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avogou hoxe pode acompasar a modernización da liña ferroviaria entre as cidades portuguesas de Porto e Valença coa electrificación do treito pendente de mellora en Galicia, entre Tui e Guillarei, e o impulso da saída sur de Vigo.

A titular de Infraestruturas do Goberno galego asistiu esta tarde ao acto de formalización do contrato para a mellora da liña de ferrocarril entre Viana e Valença, un acto que estivo presidido polo ministro portugués de Planeamento e Infraestruturas de Portugal, Pedro Marques, e que contou tamén coa presenza do presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes.

Trátase do contrato para a modernización da Linha do Minho ao longo dos 48 quilómetros que separan Viana do Castelo e Valença, mediante un investimento de 18 millóns de euros, que completa o último treito aínda pendente desta conexión desde Porto.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

A conselleira trasladou a satisfacción do Goberno galego por este impulso á mellora do treito portugués desta liña ferroviaria e lembrou a demanda que a Xunta mantén activa desde hai anos para que, desde o Ministerio de Fomento, se impulsen as melloras necesarias no percorrido galego.

Nese sentido, Ethel Vázquez salientou a importancia estratéxica que ten para Galicia o obxectivo marcado de acadar que o tempo de viaxe entre Vigo e Porto quede no entorno dos 90 minutos.

A conselleira de Infraestruturas lembrou que esa preocupación da Xunta motivou que os Presupostos Xerais do Estado incluísen a partida necesaria para impulsar a electrificación do treito pendente entre Tui e Guillarei. Así mesmo, demandou que se produzan avances na planificación técnica que debe definir a saída sur de Vigo, “unha actuación complexa pero necesaria” na que considerou necesario dar pasos adiante. 


- Te recomendamos -