Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que os veciños de Seixalbo disporán xa en maio...

Ethel Vázquez avanza que os veciños de Seixalbo disporán xa en maio dunha estrada OU-105 renovada que garante a convivencia segura dos seus usuarios, cun investimento duns 850.000?

0

Vázquez Mourelle sinala que a intervención céntranse nun treito de 1,5 KM, entre a zona do tanatorio e o Cumial, permitindo a reordenación do tráfico e a mellora da mobilidade con especial atención á seguridade dos usuarios vulnerables


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe en Ourense que a partir de maio os veciños de Seixalbo terán a súa disposición unha estrada OU-105 completamente renovada, que garante a convivencia segura dos seus usuarios e optimiza a circulación de peóns, ciclistas e do tráfico rodado, cun investimento autonómico de 847.000 euros.

Lembrou que nesta primeira fase, a intervención céntranse nun treito de 1,5 KM, entre a zona do tanatorio e o Cumial, onde finalizan as vivendas, buscando a reordenación do tráfico, a mellora da mobilidade, e amosando unha especial atención á seguridade dos usuarios vulnerables, peóns, peregrinos e ciclistas.

Una actuación que, tal e como adiantou, terá a súa continuidade nunha segunda fase, e que cun investimento autonómico de 500.000 euros permitira reordenar o tráfico na intersección do tanatorio das Burgas. O proxecto está rematándose e sairá a Información Pública no mes de marzo.

Vázquez Mourelle, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, achegouse hoxe á cidade para comprobar, a pé de obra, o avance na execución dos traballos iniciados o pasado verán de reforzo da seguridade viaria e integración na trama urbana desta estrada.

Explicou sobre o terreo as intervencións a desenvolver no tramo entre a zona do tanatorio e onde finalizan as vivendas. Actúase no acceso principal a Seixalbo, coa construción dunha nova glorieta e tamén se mellora a intersección coa rúa Igrexa.

Eliminarase o terceiro carril existente para calmar o tráfico, pero tamén para poder dispoñer de espazo para aparcadoiros e para carrís centrais que faciliten os xiros á esquerda. Tamén permitirá mellorar os pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica, completará beirarrúas e habilitará sendas en ambas as marxes no treito final, incidindo na traza do Camiño de Santiago ao que suma un carril para a circulación de bicicletas.

Trátase dunha actuación moi ambiciosa e completa que, segundo abundou, nestes momentos está en plena execución. O grao de execución se atopa agora mesmo arredor do 50% o estará a disposición dos veciños en maio, o que permite, tal e como dixo, rematar as obras antes do verán e adiantar o prazo inicialmente previsto.

Sinalou que xa están rematadas as demolicións de servizos urbanos e firmes que eran precisos e as estruturas dos muros de contención de terras, ademais de ter listos tamén os servizos que “non se ven”, como é a canalización de augas pluviais e a reposición de servizos urbanos de abastecemento, saneamento e alumeado.

Detallou os avances nas actuacións nas beirarrúas e na iluminación da obra, que xa funciona na zona da glorieta, e nos pasos de peóns, coa semaforización e accesibilidade incluída.

Concretou que no marco das obras se inclúen novas zonas destinadas á parada de autobuses, polo que se instalarán 3 marquesiñas para ofrecer aos usuarios unhas condicións de maior comodidade, eficiencia e protección contra as inclemencias do tempo.

Referiuse tamén aos avances na execución da senda que forma parte do Camiño de Santiago que, se todo vai segundo o previsto, rematará o vindeiro mes de marzo, dixo.

A partires de aí, engadiu, seguirase traballando para rematar a glorieta principal de acceso a Seixalbo e finalizar a obra co aglomerado, sinalización horizontal e vertical.

Apuntou que é unha intervención completa nesta estrada autonómica que, xunto coa xa proxectada na segunda fase, dotará a Ourense dun contorno urbano máis humano e máis seguro, e co que a Xunta está a facer cidade.

Ethel Vázquez enumerou ademais outras actuacións importantes do departamento de Infraestruturas da Xunta en materia de rede viaria, como a reforma da Avenida Otero Pedrayo, que está a ultimarse. E tamén falou doutras intervención coas que se dará continuidade a estas melloras, como a 2ª fase de Ponte Vella e as intervencións nas rúas Marcelo Macías, Progreso, Arnoia ou Concordia.

Actuacións e programacións para a rede viaria de Ourense que, tal e como concluíu, acadan practicamente os 10 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre