Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que o barrio de Conxo chegará a 2021 máis...

Ethel Vázquez avanza que o barrio de Conxo chegará a 2021 máis humano, seguro e ordenado grazas a un investimento da Xunta de 2,7 millóns de euros

0

Vázquez Mourelle subliña que as obras están na súa fase final e acadan un grao de execución do 75%, polo que estarán rematadas antes de fin de ano

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanza que o barrio de Conxo chegará a 2021 máis humano, seguro e ordenado grazas a un investimento da Xunta de 2,7 millóns de euros.

Vázquez Mourelle supervisou hoxe o avance dos traballos de mellora e integración paisaxística no Camiño Portugués ao seu paso por esta zona compostelá.

Subliñou que estas obras están xa na súa fase final e acadan un grao de execución do 75%, polo que estarán finalizadas antes de fin de ano.

Indicou que esta intervención, que comezou hai un ano, ten como obxectivo reordenar o itinerario da ruta xacobea ao seu paso polo núcleo de Conxo de Abaixo e gañar espazo, tanto para os peregrinos como para os veciños.

O proxecto supón actuar na reordenación de media ducia de rúas, que contarán cunha senda, con árbores, alumeado e pavimento específico, que nalgún puntos conta con ata 3 metros de ancho para facilitar o tránsito de veciños e peregrinos.

Nestas rúas reorganizáronse os aparcadoiros e as paradas de autobús e estase a reparar todo o pavimento e a colocar novo mobiliario urbano.

Tamén se está a intervir na praza ao carón do mosteiro de Santa María e do hospital para convertela nun pequeno Obradoiro para os veciños de Conxo.

A conselleira indicou que se trata de acadar unha praza diáfana e ampla que sirva de referencia e de descanso para os camiñantes, pero tamén nun lugar de encontro dos veciños, ao concentrarse aí o centro de saúde, o centro sociocultural ou a escola infantil.

Actualmente as obras están centradas nun “encaixe de precisión” neste espazo entre a Praza de Aurelio Aguirre e o Campo de Conxo, con plataformas compartidas.

Tamén se traballa no novo espazo de aparcadoiro habilitado ao carón do centro de saúde e que ao estar xa explanado está ao servizo dos veciños cun total de 82 prazas de estacionamento habilitadas.

Neste sentido, queda pendente estender o aglomerado, a renovación da iluminación e completar a plantación de arborado.

Ethel Vázquez lembrou que esta actuación se suma ás xa executadas e en execución noutras zonas da cidade para mellorar a chegada dos Camiños, cun investimento total da Xunta de 10 millóns de euros.

Remarcou que estes proxectos teñen como obxectivo ofrecer a mellor imaxe da cidade de cara ao Xacobeo 2021, así como contribuír á reactivación económica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre