Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que este ano a Consellería incrementará nun 31,5% a...

Ethel Vázquez avanza que este ano a Consellería incrementará nun 31,5% a contratación de obra pública con respecto ao exercicio anterior, ata acadar os máis de 215 millóns de euros

0

Destaca os datos do sector que sitúan á Xunta como a Administración que máis obra ten licitado en Galicia entre xaneiro e xuño, o que supón case o 40% do total

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu esta tarde no I Encontro Anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco): “Construíndo unidos”, no que avanzou que as contratacións de obra pública do departamento que dirixe se incrementarán este ano nun 31,5% con respecto ao exercicio anterior, ata acadar no seu conxunto máis de 215 millón de euros.

Vázquez Mourelle explicou que nos últimos anos, unha vez que as circunstancias económicas xa o permiten, desde a Xunta se está tratando de consolidar o incremento da licitación pública.

Esta tendencia, tal e como indicou, vén acreditada nos boletíns da Federación Galega da Construción, que reflicten que nos cinco primeiros meses de ano, de xaneiro a maio, a Xunta ten sido a Administración que máis obra pública licitou. Máis de 170 millóns de euros, o que supón case o 40% da obra pública licitada en Galicia de xaneiro a maio, apuntou.

Concretou que baixo o departamento que dirixe, a través da Axencia Galega de Infraestruturas como órgano licitador por excelencia, se segue avanzando en novas contratacións. E citou obras tan importantes como a licitación do barrio da Residencia en Lugo (12 millóns de euros), a conexión intermodal en Pontevedra (3,4 millóns) ou na Coruña, o Espazo Amizar (6,5 millóns de euros).

Sinalou que, a día de hoxe, desde a Consellería de Infraestruturas se leva licitado xa bastante máis de 125 millóns de euros no que vai de ano, contratacións que continuarán nas próximas semanas e meses, e nos que se prevén licitar aínda 90 millóns de euros no que queda do mesmo. Deste xeito, o conxunto das licitación da consellería este ano ascenderán a máis de 215 millóns.

Polo tanto, concluíu, a Xunta segue a impulsar obra pública, moi importante para dinamizar o sector da construción, ademais de ser fundamental para o conxunto da cidadanía porque, investir en obra pública, en infraestruturas, é facelo en benestar e en calidade de vida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre