Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que a Xunta licitará a comezos de 2020 a...

Ethel Vázquez avanza que a Xunta licitará a comezos de 2020 a actualización do proxecto da rolda leste de Lugo

0

Vázquez Mourelle destaca a vontade da Xunta para avanzar na súa materialización e para o que os Orzamentos do próximo ano dispoñen unha partida de 300.000 euros


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a licitación a comezos de 2020 da actualización do proxecto da rolda leste de Lugo, o que permitirá, con posterioridade, a execución das obras.

Na súa intervención, Vázquez Mourelle sinalou que o Goberno galego volve situar a rolda leste de Lugo na primeira liña da axenda política, agora que as circunstancias económicas o permiten. E nesta determinación, os Orzamentos do 2020 da Xunta destinan unha partida específica de 300.000 euros para avanzar na súa materialización.

Un proxecto do que a conselleira salientou a súa complexidade técnica, que inclúe a construción de 2 viadutos, e que supón un investimento moi elevado, superior aos 22 millóns de euros, entre a execución das obras e as expropiacións.

Destacou que nesa vontade do Goberno galego de completar os 2,8 km entre as estradas LU-530 e a N-VI e poder pechar o cinto de circunvalación de Lugo, é preciso contar con que o Concello de Lugo non bloquee o proxecto de construción da rolda leste, como ten feito co Plan Paradai.

A conselleira lembrou aquí que a Xunta investiu xa 10 millóns de euros no Plan Paradai, mellorando de forma importantísima a cidade e que, desde a execución no 2015 da Ponte Paradai e pese a vontade de continuar co desenvolvemento, hai anos que se está esperando á que o Concello desbloquee a segunda fase das actuacións.

Explicou que os Orzamentos do 2020 da Xunta recollen, novamente, unha partida de 450.000 euros para avanzar na execución do proxecto de acondicionamento da rúa Serra de Meira. E neste sentido, subliño que, para poder executalo a Xunta segue a esperar que se desbloquee, ao resultar imprescindible que o Concello de Lugo compatibilice o seu PXOM coas determinacións da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, dependente de Goberno estatal.

Ethel Vázquez puxo tamén en valor a aposta e o traballo da Xunta na cidade de Lugo e na provincia, con feitos e cos orzamentos na man, e salientou que no 2020 desde a Consellería mobilizaranse 47,5 millóns na provincia de Lugo, investindo 143 euros por cada veciño.

Abundou así nos proxectos da estación de autobuses intermodal e para converter os terreos da actual estación nun gran espazo público ao servizo dos cidadáns, xa licitados, e aquí referiuse á necesidade tamén de que o Concello e Adif axilicen a sinatura do convenio proposto pola Xunta para a intermodal.

Falou así mesmo do impulso do Centro Integral de Saúde, no Barrio da Residencia, cun investimento en 2020 de 7 millóns de euros.

Doutra parte, concretou outros importantes proxectos do seu departamento nas infraestruturas viarias na provincia, como os 3 millóns de euros para o inicio das obras de conversión en autovía da VAP Lugo-Sarria, e para o que antes de que acabe o ano serán licitadas as obras da 1ª fase entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro.

Citou os 2,2 millóns de euros para avanzar na VAP Costa Norte e na mellora da estrada Viveiro-Cabreiros e referiuse aos 1,5 millóns para o acondicionamento das estradas entre Folgoso e Seoane do Courel e para o eixe Begonte, Friol, Palas de Rei.

No eido da mobilidade, explicou tamén a importancia dos investimentos da Xunta para financiar o transporte público na provincia e estender a Tarxeta Xente Nova aos menores de 21 anos, así como as vantaxes do transporte metropolitano a todos os municipios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre