Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que a Xunta impulsará a Variante de Carballo en...

Ethel Vázquez avanza que a Xunta impulsará a Variante de Carballo en dúas fases coa fin de facilitar un investimento que supera os 25 millóns de euros

0

Vázquez Mourelle anuncia unha partida específica para esta infraestrutura nos orzamentos de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde salientou o compromiso da Xunta de cara a impulsar a Variante de Carballo, dividindo a súa execución en dous treitos, cun investimento autonómico de máis de 25 millóns de euros.

Vázquez Mourelle adiantou a reserva dunha partida específica e concreta para a Variante do Carballo nos orzamentos da Xunta de 2020, e explicou que para avanzar nesta infraestrutura se proxecta unha actuación dende o oeste de Carballo ata a estrada provincial que leva a Compostela, e que suporá un investimento superior aos 10 millóns de euros, e outra intervención dende esa estrada ata o leste da vila, de máis de 15 millóns. Infraestrutura que, tal e como resaltou, a Xunta vai a afrontar con seriedade, falando co alcalde, e etapa a etapa.

A conselleira sinalou que Carballo e toda a Costa da Morte é unha zona prioritaria na acción deste Goberno, e asegurou que a Xunta vai a seguir traballando con responsabilidade e, especificamente en materia de estradas e mobilidade, dixo.

Explicou tamén o que a Xunta ten previsto dar continuidade ao actual tramo da Autovía da Costa da Morte, entre Carballo e Santa Irena, coa construción dun novo treito de 5,5 km para achegar aos veciños de Vimianzo e Camariñas. E aquí lembrou como a Xunta foi quen de por en servizo os 27 km de autovía libres de peaxe dende Carballo cara ao resto da Costa da Morte, en plena crise económica, e cos políticos da oposición torpedeándoa.

Referiuse ademais a outros proxectos de investimento de futuro inmediato por parte do departamento que dirixe, como a senda de 2,5 km proxectada na estrada de Coristanco, cun investimento autonómico dun millón de euros que xa está orzamentado e que pronto sairá a información pública.

Ethel Vázquez avanzou tamén a iniciativa impulsada desde Xunta para ampliar as bonificacións aos usuarios da autoestrada de Carballo á Coruña, que pronto permitirá bonificar nun 50% o prezo da peaxe en horario nocturno. Na súa intervención, a conselleira tamén fixo un detallado repaso polos actuacións levadas a cabo polo Goberno actual da Xunta, que permitiron a inclusión de Carballo no transporte Metropolitano, o maior plan social de transporte posto en marcha en Galicia ata hoxe, favorecendo que os menores de 19 anos de Carballo se movan en autobús polo seu concello e incluso ata Arteixo e A Coruña de forma gratuíta.

Ethel Vázquez falou tamén das actuais bonificacións para a autoestrada A Coruña-Carballo postas en marcha pola Xunta, e referiuse ao investimento de preto dun millón de euros para mellorar a seguridade viaria e conectar cunha senda o polígono de Bértoa, en Carballo, ademais das melloras na estación de autobuses e dos investimentos na conservación de estradas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre