Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que a urbanización da rúa Galdín, en San Cibrao,...

Ethel Vázquez avanza que a urbanización da rúa Galdín, en San Cibrao, cun investimento autonómico duns 660.000 euros, estará rematada en xullo

0

Vázquez Mourelle concreta que só faltan por construír as dúas glorietas nos dous extremos da rúa e a instalación do alumeado e a pavimentación


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, supervisou hoxe as obras de urbanización da rúa Galdín, en San Cibrao, que estarán rematadas no vindeiro mes de xullo.

Vázquez Mourelle indicou que as obras están moi avanzadas, cun grao de execución actual que rolda o 85%. Precisou que faltan por construír as dúas glorietas nos dous extremos da rúa e a instalación do alumeado e a pavimentación.

Trátase dunha actuación froito da colaboración entre Xunta e Concello, que ten como obxectivo ampliar a capacidade desta vía, para facela máis segura, cómoda e accesible para os vehículos e os veciños.

O Goberno galego financia os traballos coa achega de 660.000 euros e o Concello redactou o proxecto, contratou e está a executar as obras.

Os traballos consisten na ampliación da calzada e da ponte de pedra sobre a vía do FEVE, na construción de dúas glorietas, a execución de beirarrúas e aparcadoiros nas marxes e a renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais, así como os servizos de alumeado e telecomunicacións.

Subliñou que este proxecto permitirá reforzar a seguridade viaria, facilitará o acceso dos veciños a equipamentos como o pavillón municipal, o centro de saúde, a residencia e centro de día e axilizará o tráfico cara ao parque empresarial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre