Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, cun...

Ethel Vázquez avanza que a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, cun investimento duns 750.000 euros, estará rematada no verán, facilitando os desprazamentos cotiás dos veciños e turistas

0

Vázquez Mourelle indica que a nova senda peonil, cuxas obras comezaron este mes, discorrerá por unha lonxitude de 1,5 km e chegará ata o límite con Bueu

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, en Marín, que estará a disposición dos veciños e dos turistas no verán, facilitando os seus desprazamentos cotiás en condicións de maior seguridade.

Este itinerario, cun investimento autonómico duns 750.000 euros, reforzará a seguridade viaria na estrada PO-551, que une Marín con Rande.

A nova senda peonil discorrerá por unha lonxitude aproximada de 1,5 km e chegará ata o límite co termo municipal de Bueu, xusto nas proximidades da praia de Lapamán.

Nestes momentos os traballos, que comezaron este mes, xa se centraron na metade dos muros de contención, que se fan para gañar espazo para a senda. A continuación, a senda construirase pola marxe dereita da estrada, polo lado do mar e será en formigón coloreado para que sexa facilmente visible por todos os usuarios, tamén por parte dos condutores.

Ademais, uns metros máis adiante, na parroquia de Ardán, o itinerario atravesa un pequeno rego, nese punto está prevista unha pasarela de madeira, que irá ancorada á estrutura da ponte xa existente, garantindo así a continuidade da senda para os peóns.

Tamén se habilitará unha banda de aparcadoiro en liña, nas proximidades da praia de Lapamán, paralelo á estrada e cunhas 35 prazas, para facilitar o estacionamento na zona, tanto aos veciños como aos usuarios da praia.

Vázquez Mourelle subliñou a aposta da Xunta por mellorar a seguridade viaria en Marín e na súa contorna mediante a mobilización dun investimento superior aos 3 millóns de euros para que veciños e turistas poidan desfrutar dunha mobilidade máis segura e respectuosa co medio ambiente.

Concreta que a obra na vía hoxe visitada terá continuidade con outra actuación para a eliminación do treito de concentración de accidentes, coa execución dun novo treito de senda peonil ata o acceso á praia de Lapamán, ademais de mellorar a actual intersección coa execución dunha glorieta.

Concretou que se trata de importantes intervencións que se veñen a sumar ás beirarrúas recentemente rematadas na zona da Escola Naval, á nova senda entre Bagüín e Seixo, que permitirá que os veciños dispoñan dun itinerario a pé que percorrerá Marín ao completo pola costa ou a outras dúas sendas previstas na vía que vai a Moaña.

Tamén lembrou a humanización da rúa Concepción Arenal, para a que se asinou un convenio co Concello o pasado ano e que prevé comezar as obras nas vindeiras semanas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre