Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza o remate neste ano da senda de Alba, que...

Ethel Vázquez avanza o remate neste ano da senda de Alba, que reforzará a seguridade viaria de veciños e peregrinos grazas a un investimento da Xunta de preto de 700.000 euros

0
image_gallery.jpg

Vázquez Mourelle destaca que a intervención favorecerá a mobilidade neste treito coincidente co Camiño Portugués e porá en valor esta contorna de cara ao Xacobeo máis necesario da historia


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanza o remate neste ano da senda de Alba, que reforzará a seguridade viaria de veciños e peregrinos grazas a un investimento da Xunta de preto de 700.000 euros.

Vázquez Mourelle supervisou hoxe a construción do itinerario na estrada PO-225, entre Alba e San Caetano, que favorecerá a mobilidade dos condutores que van á zona industrial e dos veciños e peregrinos que transitan por este treito coincidente co Camiño Portugués.

Salientou que esta intervención contribúe á mellora da contorna da parroquia de Alba, un valor engadido para acoller o Xacobeo máis necesario da historia.

Destacou que esta intervención tamén promove unha mobilidade máis respectuosa co medio, en consonancia co lema “Por unha mobilidade sen emisións”, que se pon en valor estes días coa celebración da Semana Europea da Mobilidade.

O novo itinerario terá unha lonxitude de algo máis de 700 metros: pola marxe esquerda da estrada executaranse preto de 600 metros continuos de senda e pola dereita, o que resta, construíndose en dous treitos.

Para separar a senda da propia estrada, onde sexa posible disporase unha franxa axardinada que, ademais de mellorar a estética e a integración paisaxística do itinerario, contribuirá ao reforzo da seguridade de peóns e peregrinos.

Na zona do río, executarase unha pasarela metálica peonil de algo máis de 13 metros, rectificarase unha curva e tamén se reordenará a intersección existente neste treito.

A actuación compleméntase coa drenaxe de augas pluviais e a execución de novas redes de servizos para electricidade e telecomunicacións.

Esta actuación, enmarcada no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Pontevedra, está cofinanciada con Fondos FEDER 2014/2020.

Obras a bo ritmoA conselleira precisou que as obras, iniciadas a finais de xullo, se desenvolven a bo ritmo, acadando xa o 20 %, ao estar avanzadas as canalizacións, as escavacións e os recheos e os muros de contención.

Sinalou que o groso dos traballos pendentes de executar son as pavimentacións, a pasarela metálica sobre o río, o alumeado, a sinalización e a xardinería.

Agradeceu a paciencia e comprensión dos veciños e dos usuarios desta estrada, pois para avanzar nos traballos preservando a súa seguridade, foi preciso un corte da vía. Engadiu que se están axilizando as obras ao máximo para minimizar as afeccións. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre