Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza o investimento de 1,6M? na reforma da avenida Mendiño,...

Ethel Vázquez avanza o investimento de 1,6M? na reforma da avenida Mendiño, en Redondela, coa previsión de licitar as obras no verán

0

Vázquez Mourelle explica que esta actuación, cofinanciada polo Goberno galego, abarca dende o cruce coa estrada nacional ata o peirao de Cesantes, sumando unha lonxitude dun quilómetro


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, presentou hoxe o proxecto de mellora da avenida Mendiño, coa previsión de licitar as obras en verán por un investimento de 1,6 millóns de euros.

Vázquez Mourelle explicou que este proxecto, que xa está redactado e pendente de supervisión e aprobación, contempla unha actuación de seguridade viaria e renovación urbana que optimizará a circulación por esta vila e o acceso a múltiples servizos públicos que se atopan na contorna.

A actuación, que cofinancia o Goberno galego, abarca dende o cruce coa estrada nacional, no centro de Redondela, ata o peirao de Cesantes, sumando unha lonxitude de máis dun quilómetro.

O primeiro treito, ata o centro de saúde, concentra a renovación máis intensa, xa que se ampliarán as beirarrúas con acabados en granito, se sobreelevarán os pasos de peóns e se substituirán a iluminación e o mobiliario urbano, así como as canalizacións do abastecemento e saneamento.

Neste tramo tamén se reordenarán os cruces e se habilitarán os cambios de sentido necesarios no centro de saúde e centros educativos.

No intervalo ata o peirao estenderase unha nova capa de rodadura, melloraranse as interseccións e colocarase nova sinalización horizontal.

A conselleira subliñou que a Xunta, só en materia de estradas, mobilizou investimentos por máis de 4 millóns de euros en Redondela. Así, lembrou que á actuación hoxe presentada cómpre engadir outras como a pasarela peonil construída na Ponte Julián, que permite poñer en valor o peto de ánimas alí situado.

Tamén recordou a travesía de Chapela, a Avenida de Vigo, que se renovou e mellorou para facilitar a convivencia de peóns, turismos e camións. Ademais, adiantou que este ano comezará a redacción do proxecto relativo ao seguinte treito para seguir mellorando a citada vía. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre