Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza o investimento de 1 millón de euros nas obras...

Ethel Vázquez avanza o investimento de 1 millón de euros nas obras de supresión de dous treitos de concentración de accidentes nos concellos de Bergondo e Arteixo

0

A conselleira salienta que o proxecto de eliminación do “punto negro” de Bergondo, que suporá un investimento de 200.000 euros, inicia hoxe o proceso de información pública e se prevé licitar as obras a finais de ano

A Xunta de Galicia investirá 1 millón de euros nas obras de supresión dos dous treitos de concentración de accidentes identificados nas vías autonómicas na comarca da Coruña, e que se sitúan nos municipios de Bergondo e Arteixo.A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director de Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe os dous proxectos de supresión dos tramos de concentración de accidentes na estrada AC-164, que une Guisamo e Insúa (Bergondo) e, na AC-552, que comunica A Coruña e Cee (Concello de Arteixo).Estas actuacións están enmarcadas na estratexia do Goberno galego para ter eliminados en 2020 todo os treitos de concentración de accidentes identificados nas estradas autonómicas, co obxectivo de conseguir que deixen de ser puntos onde se rexistra unha elevada sinistralidade.Na área da Coruña, os treitos de concentración de accidentes supoñen o 0,30% da rede de estradas autonómicas da provincia, aínda que nos 20 quilómetros nos que se sitúan se rexistran máis do 10% de accidentes con vítimas.Vázquez Mourelle anunciou que hoxe mesmo se somete a información pública os documentos correspondentes ao proxecto para a eliminación do “punto negro” na estrada AC-164 ao seu paso por Bergondo. Con este proceso de participación que agora se abre, todas as persoas interesadas terán ata o vindeiro 25 de maio para trasladar as súas achegas e suxestións. Tras a análise e incorporación das alegación recibidas, a consellería prevé para o mes de decembro a licitación das obras, cun investimento duns 200.000 euros.Tamén avanzou a conselleira que as actuacións para a supresión do treito de concentración de accidentres na estrada AC-552 ao seu paso por Arteixo, se someterán a información pública o vindeiro mes de xuño, co obxectivo de iniciar a contratación das obras no primeiro trimestre de 2019. Actuacións que suporán un investimento de preto de 800.000 euros.Ethel Vázquez subliñou así a importancia destes dous proxectos de mellora da seguridade viaria, situados en zonas moi poboadas e con alta densidade de servizos, polo que rexistran unha intensidade de tráfico moi alta. En concreto, 14.000 vehículos ao día no caso da AC-164 en Bergondo, e aínda maior na AC-552 en Arteixo, que pode roldar os 20.000 vehículos diarios.No caso de Bergondo, a intervención vai a mellorar a interseccións e sinalización nun treito de 1 quílometro, na zona comprendida entre a confluencia coa estrada local a San Isidro e a coñecida como glorieta dos Condes, de cruzamento coa estrada AC-161.No caso da supresión do treito de concentración de accidentes na estrada AC-552, en Arteixo, as actuación consistirán tamén na mellora de interseccións, principalmente coa execución de dúas novas glorietas.Ethel Vázquez tamén sinalou que a estes traballos para a eliminación do treito de concentración de accidentes súmanse outra actuación moi importante de reforzo da seguridade viaria que se prevé desenvolver nesta mesma estrada. O departamento que dirixe está a desenvolver no marco do Plan de Sendas de Galicia a construción da pasarela e itinerario peonil e ciclista entre Agrela e Marineda, que busca incrementar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade peonil. Esas obras inciáronse recentemente e estarán rematadas este mesmo ano, cunha achega da Xunta próxima os 2 millóns de euros.A pasarela de Marineda forma parte do Plan de Sendas de Galicia, que no caso concreto da comarca da Coruña prevé a execución de 9 sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe, 7 km de itinerarios peonís e ciclistas, cun investimento duns 5 millóns de euros.Con estas actuacións, a Xunta continúa coa aposta por reforzar a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica para conseguir o obxectivo de reducir nun 50% as vítimas mortais. 

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

- Te recomendamos -