Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza a próxima licitación da redacción do Plan Director do...

Ethel Vázquez avanza a próxima licitación da redacción do Plan Director do saneamento do centro urbano de Lalín, cun investimento autonómico de preto de 300.000 euros

0

Vázquez Mourelle sinala os escasos investimentos do concello nestes últimos 3 anos e medio, que recada anualmente 800.000 euros en taxas finalistas, que deben destinarse á mellora dos sistemas de saneamento, abastecemento e depuración


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta ten prevista a próxima licitación, entre finais deste ano e principios do 2019, da redacción do Plan Director do saneamento do centro urbano de Lalín.

Vázquez Mourelle amosou hoxe no Parlamento de Galicia a disposición absoluta por parte do Goberno galego a prestar apoio, asesoramento e axuda ao concello pontevedrés nesta materia de competencia e responsabilidade municipal.

Explicou que para poder detectar os problemas existentes e tomar decisións sobre as obras a executar, o primeiro que cómpre facer é redactar un Plan director, que é o que se vai facer desde a Xunta.

E indicou que o coñecemento obtido da rede de saneamento do concello, será o que permita no marco do mesmo Plan acoutar e definir as actuacións a executar para solucionar os problemas de depuración de augas residuais de Lalín.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

Subliñou que o Plan director esixe un traballo complexo e un necesario rigor técnico, por carecer o Concello de Lalín da información necesaria da súa rede de saneamento, a pesar de que é o responsable do funcionamento das súas infraestruturas e da xestión eficaz do seu sistema de depuración.

Recordou que a Xunta realiza campañas periódicas de inspeccións nas que se alerta aos concellos dos incumprimentos dos límites de vertido para que estes procedan á súa emenda, xa que son os responsables do control destes vertidos. E neste eido, engadiu, nos últimos anos Augas de Galicia presta asesoramento técnico cando o requiren, subsanando nos últimos anos no Concello de Lalín a contaminación asociada a 6 puntos de vertido.

Indicou que no caso de Lalín hai moitos aspectos mellorables, tanto na explotación como no funcionamento dos sistemas de depuración de titularidade municipal, e nas últimas inspeccións efectuadas no municipio constatouse incumprimento dos límites de vertido en 4 sistemas de depuración.

Referiuse aos escasos investimentos realizados polo Concello de Lalín nestes últimos tres anos e medio en materia de saneamento. Cómpre lembrar que só construíron a EDAR na parroquia de Zobra, que non puido entrar en funcionamento porque están sen executar as canalizacións e os colectores necesarios.

Leer más:  Fallece en el hospital la madre de la víctima del incendio en un piso de O Valadouro (Lugo)

E recordou que o Concello de Lalín recada anualmente 800.000 € polas taxas de abastecemento, alcantarillado e depuración, taxas que son finalistas e que deben destinarse á mellora dos seus sistemas de saneamento, abastecemento e depuración.

Ethel Vázquez reiterou que a pesar da pasividade do concello en esta materia, a Xunta apoia, traballa e ten o compromiso de mellora co sistema de saneamento e depuración de Lalín, para o que está ultimando os pregos técnicos necesarios para a redacción do Plan Director do saneamento do centro urbano de LalínE adiantou tamén, que a finais do vindeiro ano se disporá das primeiras impresións extraídas destes estudos, para continuar coa redacción dos proxectos construtivos e, sen solución de continuidade, proceder a contratar e executar obras. Actuacións que, tal e como afirmou, son cualitativamente moi importantes, pero relativamente sinxelas, tanto na redacción dos proxectos como na execución das obras.

En definitiva, concluíu, traballo serio e rigoroso da Xunta, que vai a redactar ese Plan Director do saneamento, que determinará onde hai que actuar, e para o que se dispón dun cronograma definido, a partir de que se executarán as obras necesarias no saneamento de Lalín.

Leer más:  El Tribunal Supremo rechaza la solicitud de Audasa de ser compensada por las pérdidas durante la pandemia, las cuales estimó en 46 millones de euros

- Te recomendamos -