Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza a ampliación nun mes do prazo de solicitude de...

Ethel Vázquez avanza a ampliación nun mes do prazo de solicitude de axudas para vivenda e enxoval aos veciños de Tui afectados pola explosión pirotécnica

0

Vázquez Mourelle pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños de Paramos"


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, e con representantes dos veciños afectados pola explosión pirotécnica, na que avanzou a ampliación nun mes do prazo para solicitar axudas para vivenda e enxoval.

Vázquez Mourelle explicou que o prazo remataba a vindeira semana, o 6 de setembro, pero alóngase para que os veciños teñan máis tempo para decidirse a solicitar estas axudas e reunir a documentación necesaria.

Subliñou que a Xunta xa ten concedido as 21 subvencións para aloxamento provisional que cumprían os requisitos e no marco das axudas destinadas a reparar as vivendas e enxoval doméstico, foron 107 as solicitudes presentadas e obxecto de resolución favorable 66 expedientes, axudas por importe de 1,5 M€, dos que xa están aboados máis do 40%.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

Fixo fincapé en que as axudas activadas desde os distintos departamentos da Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións, polo que é fundamental que se impliquen tamén o Goberno central ou a Deputación Provincial.

A conselleira insistiu en que as dimensións do acontecido en Paramos fan necesaria a colaboración de todas as administracións e nesta liña pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños".

A Xunta reiterará de novo, tras facelo xa o presidente da Xunta no encontro con Pedro Sánchez en xullo, que o Goberno central asuma as tarefas de desentullo, complemente as axudas autonómicas e arbitre os mecanismos para ofrecer beneficios fiscais aos afectados, para que as subvencións queden exentas do Imposto da Renda ás Persoas Físicas.

A titular autonómica de Vivenda tamén lamentou a pasividade da Deputación provincial, limitándose a ofrecer ao Concello a posibilidade de presentarse a convocatorias non específicas para este desastre. 


- Te recomendamos -