Inicio Galicia Este verán un total de 14 concellos da Coruña lucirán 37 bandeiras...

Este verán un total de 14 concellos da Coruña lucirán 37 bandeiras azuis nos seus areais

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no izado da bandeira azul á Praia de Laxe, un areal que na súa edición anterior non acadara este distintivo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entregou esta mañá as 37 bandeiras azuis que este verán ondearán en senllos areais de 14 concellos da provincia da Coruña. Ángeles Vázquez participou esta mañá no izado da bandeira azul á praia de Laxe, un distintivo que na anterior edición non acadou e recordou que este ano son tres concellos máis os que poden lucir esta bandeira.

Salientou que a Bandeira azul é un recoñecemento ao labor dos concellos galegos para manter a Comunidade galega como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2020.

Así, Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 107 (ao igual que en 2019); e que se eleva a 133 distincións sumando os distintivos ás praias, portos deportivos, aulas e centros da natureza.

Agradeceu o apoio e implicación dos 14 alcaldes da provincia, que permite a Galicia manter a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia, con 134 distincións. Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete -ao igual que en 2018 e 2019-; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos, respectivamente.“A Comunidade galega segue a acaparar case un 20% das 589 bandeiras azuis totais outorgadas en España”, destacou e recordou que este distintivo é entregado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais.

Visor do IETCon este recoñecemento, os usuarios e visitantes aos areais con bandeira azul saben que están a gozar dun areal cunha excelente calidade das augas, con seguridade e servizos, accesible para todos e nos que rexe unha atinada xestión ambiental e a sustentabilidade.

Este ano, a maiores, a seguridade sanitaria vai ser esencial, algo no que quixo incidir tamén a conselleira, quen lembrou a importancia de que se respecten nos areais as distancias establecidas así como o labor dos concellos á hora de xestionar estes espazos.

Nese sentido, Vázquez Mejuto avanzou que a partir do 1 de xullo o seu departamento porá a disposición de todos os concellos o visor de praias do Instituto de Estudos do Territorio (IET), unha ferramenta que pode resultar de utilidade a nivel municipal xa que inclúe datos sobre os metros cadrados de cada areal, o estado das mareas e ata a localización de todas as bandeiras azuis concedidas pola ADEAC en Galicia en 2020.

A conselleira tamén destacou o recoñecemento aos portos deportivos. En 2020, a provincia da Coruña é a primeira en encabezar a lista con seis portos, seguida por Pontevedra con cinco e un na provincia de Lugo. No conxunto da comunidade obtéñense 12 galardóns, e dous da provincia da Coruña, Clube Náutico de Sada e o Porto Deportivo Sadamar, reciben este ano este distintivo, mentres que na anterior edición non o ondearon.

Vazquez Mejuto tamén felicitou aos centros azuis de Oleiros, Boiro, A Laracha e Camariñas, que nesta edición tamén acadaron unha bandeira azul e felicitounos polo traballo educativo ambiental que están a desenvolver para pór en valor os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.

A continuación detállanse por concellos os areais da provincia da Coruña con bandeira nesta edición. En amarelo indícanse os que foron recoñecidos na presente edición:PROVINCIA DA CORUÑA

Concello

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre