A presentación das solicitudes deben realizarse preferentemente de maneira telemática a través da sede electrónica da Xunta
A Xunta de Galicia mantén aberto ata o vindeiro venres dÃa 29 o prazo de inscrición para o curso 2020/21 nas escolas infantÃs públicas autonómicas e nas prazas públicas concertadas en escolas infantÃs de iniciativa privada. Coa apertura do prazo de matrÃculas, a Xunta procura diminuÃr a inquedanza das familias sobre o vindeiro curso nas escolas de 0 a 3 anos, á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros.
A presentación das solicitudes debe realizarse preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con esta medida, trátase de evitar que as familias se teñan que desprazar nesta situación de emerxencia sanitaria.
NovidadesNo vindeiro curso haberá dúas grandes novidades. En primeiro lugar, este será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos na atención educativa. En segundo lugar, en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias.
Cómpre indicar que as prazas públicas da rede autonómica e as contratadas en escolas privadas compleméntanse coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e a través do Bono Concilia, asà como coas que dependen dos concellos.