Inicio Galicia Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo,...

Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao.

O incendio orixinouse ás 22,41 h. desta noite e quedou estabilizado ás 04,59 h. da madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume mobilizáronse 4 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre