Inicio Galicia Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia...

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteligo

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal estabilizado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteligo. Este incendio comezou ás 01,10 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No seu control levan traballado 3 axentes, 15 brigadas, 4 motobombas, 7 helicópteros e 2 avións.

QuirogaPor outra banda, continúa activo, malia que evoluciona favorablemente e está próximo a ser estabilizado, o lume forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro. O incendio comezou ás 17,31 h. de onte e semella que foi provocado por un raio. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 37 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

- Te recomendamos -