Inicio Galicia Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de...

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 19,40 horas desta tarde quedou estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza.

O lume iniciouse ás 17,54 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para estabilizar este lume traballaron 2 técnicos, 25 axentes, 50 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario xeral, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

- Te recomendamos -