Inicio Galicia Estabilizado o incendio forestal no concello ourensán de Vilariño de Conso que...

Estabilizado o incendio forestal no concello ourensán de Vilariño de Conso que afecta o parque natural do Invernadeiro

0

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que está estabilizado o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezou onte ás 16,42 h. e quedou estabilizado ás 20,45 h. desta tarde. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 18 axentes, 47 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  El próximo sábado el nuevo alcalde de A Estrada (Pontevedra) tomará posesión y el miércoles lo hará el de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -