Inicio Galicia Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia...

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 200 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, quedou estabilizado ás 18,07 h. desta tarde, tras terse iniciado o pasado luns.

Este lume afecta, segundo as últimas estimacións, unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 15 axentes, 47 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre