Inicio Galicia Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San...

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre

0

O incendio entrou por Portugal e segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 150 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre, quedou estabilizado ás 14,50 h.

O incendio entrou por Portugal ás 06,55 h. desta mañá e, segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 150 hectáreas. No control deste incendio están traballando 1 técnico, 7 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre