Inicio Galicia Espazos Sonoros propón un obradoiro de achegamento á música antiga en Castrelo...

Espazos Sonoros propón un obradoiro de achegamento á música antiga en Castrelo de Miño para o vindeiro domingo

0

Antes do comezo do taller, os participantes visitarán Vaz Música Antiga, en Astariz, para coñecer de primeira man o traballo dun luthier


O ciclo de músicas en espazos de interese cultural da Consellería de Cultura e Educación, Espazos Sonoros, viaxa o domingo 23 a vila ourensá de Castrelo de Miño para ofrecer un obradoiro de achegamento á música antiga no que, ademais, se vai visitar o taller de luthería Vaz Música Antiga, situado en Astariz, unha pequena aldea do mesmo concello. Ismael Vaz, o artesán que trae á vida instrumentos doutras épocas será o anfitrión dos 60 participantes na iniciativa aos que lles amosará como traballa a madeira para construír instrumentos a semellanza dos antigos, como violas de gamba ou fídulas, con ferramentas do século XVII que fixo el mesmo. A cita será ás 15:00 horas, no lugar de Santa María de Astariz, na praza diante da igrexa.

Despois de coñecer o taller de Vaz, os asitentes desprazaranse á igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, onde terá lugar o obradoiro, durante o cal participarán nunha conversa sobre estirpes de construtores históricas (como Amati, Stradivari ou Steiner) e sobre as coleccións de instrumentos antigos que se conservan en diferentes museos do mundo. Do coloquio, moderado por Andrés Díaz, formarán parte os músicos Erea Blanco, especialista en instrumentos de tecla; Valentín Novio, en corda pulsada; María Giménez, en percusión e voz; Pablo Ruibal, en corda fretada e Felipe Rodríguez, en instrumentos de vento.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

Tamén haberá tempo para gozar dunha ampla colección de instrumentos de distintas familias, procedentes de diversos artesáns e reproducidos a partir de variadas fontes iconográficas. Con eles interpretarán os músicos participantes música ao vivo.

A lutheríaO ciclo Espazos Sonoros entra, un ano máis, no mundo da música antiga para ofrecer unha visión diferente de aspectos que non sempre son accesibles nos concertos de música antiga. A construción de instrumentos musicais constitúe un traballo artesanal de elevada complexidade e especialización, aínda máis cando se trata de recuperar instrumentos que foron empregados en épocas máis ou menos distantes no tempo, para a interpretación de música. En Galicia existe unha crecente industria artesanal dedicada á luthería e á construción de instrumentos antigos e tradicionais, e obradoiros que subministran a músicos de todo o mundo.

A programación completa da undécima edición de Espazos Sonoros pode consultarse en www.espazossonoros.org e en www.cultura.gal. 


- Te recomendamos -