Inicio Galicia ?Escenas do Cambio? afronta a súa recta final co relato dunha sobrevivente...

?Escenas do Cambio? afronta a súa recta final co relato dunha sobrevivente do xenocidio en Ruanda e cun xuízo real a Hamlet

0

A guerra do país africano será contada, cantada e bailada por Dorothée Munyaneza en ‘Samedi Détente’, que se representará o xoves no Teatro Principal


Escenas do cambio –o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura– encara xa a súa segunda e derradeira semana da edición de 2020 coa representación de cinco pezas, entre as que se atopa o relato contado, cantado e bailado dunha sobrevivente do xenocidio de Ruanda e un xuízo real ao personaxe literario Hamlet para o que se contará cun xuíz, fiscal e psiquiatra en activo e no que os espectadores exercerán de xurado popular.

O festival desprazarase mañá ao casco histórico de Santiago –dentro da súa filosofía de expandir o festival máis aló do espazo físico do Gaiás– para estrear en España e no Teatro Principal de Compostela Samedi Détente. Trátase dun relato en primeira persoa de Dorothée Munyaneza sobre o asasinato de 800.000 tutsis, cometido en Ruanda a medidos dos anos 90 polo goberno hexemónico hutu.

Dorothée Munyaneza fai uso da palabra para contar e cantar este relato do horror, da que ela foi testemuña na infancia. E faino como unha terapia –con baile e cancións– e como un xeito de amosar a través da arte as cicatrices propias e da historia, co ánimo de advertir dos perigos dos fanatismos identitarios.

Ese mesmo día e antes desta estrea, Escenas do cambio 2020 leva ao Salón Teatro –tamén situado no casco antigo de Compostela– a obra en portugués Légende, peza que forma parte da colaboración do festival co Instituto Camões de Portugal en Vigo e coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Trátase dunha orixinal conferencia de Romain Teule, na que xogará coa linguaxe, tamén dos animais, para abordar na práctica conceptos tales como a interpretación e a malinterpretación.

Xuízo real a HamletO venres o festival continuará a súa programación polo centro da cidade, xa que levará a representación de Please, continue (Hamlet) á Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta obra, o dramaturgo catalán Roger Bernat xulgará o personaxe de Shakespeare. Para iso, converterá o público asistente en xurado popular e terá o atractivo engadido de que contará cun equipo xudicial real en activo.

En concreto, esta peza terá a participación de Ángel Pantín, presidente da sala compostelá da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña; de Antonio Roma, ex fiscal da área de Santiago e actualmente coordinador de xustiza no Programa de Cooperación de Loita contra a Criminalidade organizada en América, do avogado Jesús Alonso e do psiquiatra Tiburcio Angosto.

Pechará o festival, o sábado 8 de febreiro, Tres vellas (polo menos) que reúne nun mesmo escenario a tres dos mellores narradores orais de Galicia: Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín e Luís Gutiérrez Guti, que ademais de fiar con humor e retranca historias cotiás e de vida, tamén cociñarán in situ para os asistentes.

Colaboración internacional e venda de entradasAo igual que en todas as súas edicións, Escenas do cambio 2020 conta cunha rede de colaboradores. Deste xeito, ademais do Instituto Camões de Portugal en Vigo, súmase o INAEM, o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC).

Toda a información da programación de Escenas do Cambio 2020 está na páxina da Cidade da Cultura de Galicia e tamén na do festival.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre