Esta nova ferramenta en materia urbanÃstica prioriza a dixitalización dos datos espaciais como garantÃa de acceso á planificación territorial ao conxunto da sociedade
As primeiras Normas técnicas de planeamento urbanÃstico de Galicia entran en vigor dende o dÃa de hoxe, polo que Galicia conta cunha nova ferramenta coa que unificar os criterios técnicos que regularán a elaboración de todo o planeamento urbanÃstico.
As Normas técnicas de planeamento, ademais de igualar a terminoloxÃa e os conceptos urbanÃsticos xerais, tamén unifica calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento urbanÃstico; ademais dos criterios técnicos para a elaboración dos documentos.
A Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, redactou este documento co fin de sentar unha bases que fomenten a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais. Deste xeito, ofrécese a posibilidade de establecer un acceso sinxelo aos documentos de planeamento ao conxunto da sociedade, é dicir, tanto aos técnicos que participen na planificación do territorio, como á cidadanÃa en xeral.
As normas técnicas son un instrumento técnico que, non só se da cumprimento ao contido do artigo 48 da Lei do solo de Galicia e aos artigos 88 e 89 do Decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei, senón que tamén representan un paso máis na estratexia normativa de simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento.
Nese sentido, a Xunta defende que a tramitación do planeamento debe ser unha oportunidade, non un atranco para o desenvolvemento territorial, polo que as normas técnicas nacen da necesidade de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. En definitiva, representan unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos de planeamento, sempre na procura dunha maior transparencia e flexibilidade dos mesmos.
ContidoAs Normas técnicas de planeamento serán de aplicación Ãntegra aos plans en tramitación que non acadasen a aprobación inicial na data de entrada en vigor das mesmas, que se formalizará aos seis meses da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.
En base ás normas, defÃnense e concrétanse os conceptos habitualmente utilizados na elaboración das normas urbanÃsticas dos instrumentos de planeamento ou das ordenanzas de edificación, asà como noutros documentos escritos e na rotulación e lendas dos planos, que xa se recollen no Regulamento da Lei do Solo de Galicia (no seu Anexo I) e no Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, para os conceptos cartográficos.
Tamén se fixan os criterios de elaboración, presentación e entrega da documentación dos instrumentos de planeamento, como por exemplo, a necesidade dun Ãndice xeral numerado, e dun Ãndice propio de cada documento, sinalando as súas páxinas numeradas e con acceso as diferentes partes a través de marcadores, os datos identificativos que deben incluÃrse en todas as follas e a correcta e homoxénea configuración do nome de cada instrumento,Outro aspecto que se aborda é a regulación das abreviaturas, da simboloxÃa gráfica (cores, tramas, tipos de liñas, e simboloxÃa gráfica), asà como os formatos de entrega da documentación (como mÃnimo unha copia de todo o seu contido en soporte dixital -nun formato non editable PDF que permita a súa sinatura electrónica e un formato editable-, sen prexuÃzo de que as administracións que contraten a formulación do planeamento poidan esixir o formato papel) e a necesidade de dilixenciación e uns códigos cos que se deben identificar as carpetas do planeamento.
Establécese que para a elaboración da documentación gráfica debe empregarse a cartografÃa oficial rexistrada e dispoñible no Instituto de Estudos do Territorio, que é o órgano cartográfico de Galicia; polo que cando se fixe a necesidade de actualizar a cartografÃa deberá producirse e posta a disposición do IET para a súa validación e a súa inscrición no Rexistro de CartografÃa de Galicia.
Con estas normas, os concellos enviarán os documentos de planeamento de modo homoxéneo e comparable, e coas caracterÃsticas adecuadas para que sexan compatibles co Sistema Informático de Ordenación do Territorio de Galicia (SIOTUGA). AsÃ, neste sistema informático, e de modo accesible ao público, poderase acceder aos documentos do planeamento -tanto en papel como en soporte electrónico-, cun formato, sÃmbolos, abreviaturas, caracterÃsticas únicas para todos os concellos, o que supón un enorme avance no proceso de elaboración, na transparencia e na seguridade xurÃdica do planeamento.
Coa elaboración das Normas técnicas de planeamento, a Xunta de Galicia da un novo paso na estratexia normativa para definir un urbanismo responsable que acade a maior simplificación, transparencia e seguridade xurÃdica.