Inicio Galicia Lugo Emprendedores da Ribeira Sacra impulsarán 22 novos proxectos empresariais desde o espazo...

Emprendedores da Ribeira Sacra impulsarán 22 novos proxectos empresariais desde o espazo coworking de Monforte

0

A terceira edición do coworking promovido pola Xunta, a través do Igape, e en colaboración coa EOI, ofrécelles desde hoxe a oportunidade de poñer en marcha novas iniciativas empresariais con formación e asesoramento especializados

O espazo coworking de Monforte activa esta tarde as actividades da súa terceira edición, na que os emprendedores da Ribeira Sacra responsables de 22 novas iniciativas empresariais recibirán formación e titorías personalizadas para a aceleración dos seus proxectos durante os próximos cinco meses. O Concello de Monforte colabora coa cesión do espazo onde se imparte a formación, en ExpoLemos.

A iniciativa forma parte da rede de aceleradoras creada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), que ten como obxectivo promover o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, aumentando a probabilidade de éxito das ideas dos emprendedores.

Os emprendedores da Ribeira Sacra que se formarán nesta terceira edición do espazo de emprendemento monfortino desenvolverán, entre outras iniciativas, proxectos vinculados á biotecnoloxía, de empresas de servizos apoiadas en TIC ou de servizos turísticos que poñerán en valor os recursos do territorio.

Leer más:  Juan Carlos I recibe en su casa la visita de la tripulación del 'Bribón' liderada por Pedro Campos

Nas anteriores edicións deste coworking foron apoiados corenta proxectos de novas empresas, nas que os promotores, ademais de recibir asesoramento individualizado, puideron coñecer os instrumentos de apoio que a Xunta de Galicia pon a disposición das novas empresas para facilitar a súa posta en marcha, consolidación temperá e internacionalización.

A terceira edición dos coworking da Xunta, que se está activando agora, impulsará 130 iniciativas de emprendemento repartidas, ademais de no espazo formativo da Ribeira Sacra, nos de Santiago, Ferrolterra, Costa da Morte, a Mariña lucense e Celanova e Terras da Limia. Por outra banda, está a piques de rematar a primeira edición nas aceleradoras de San Cibrao das Viñas e Vilanova de Arousa, especializadas, respectivamente, no sector forestal-madeira e no de alimentación e turismo. Xa está aberto o prazo de inscrición para a participar nas actividades formativas da segunda edición destes espazos sectoriais.

Ademais de achegar formación e asesoramento especializados mediante esta rede de aceleradoras impulsada conxuntamente coa EOI, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ofrece aos emprendedores da Ribeira Sacra outros instrumentos de apoio como son as axudas reguladas polos programas do Igape Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores, ou, a través de Xesgalicia, o financiamento a través de fondos de capital risco como o Galicia Iniciativas Emprendedoras.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

- Te recomendamos -