Inicio Galicia Empregados públicos dos concellos galegos asistirán en Ourense a unha xornada sobre...

Empregados públicos dos concellos galegos asistirán en Ourense a unha xornada sobre transparencia organizada pola Xunta e a Fegamp

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participarán nesta formación xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz-Mouteira e o presidente da Fegamp, Alfredo García

Empregados públicos dos concellos galegos asistirán o próximo martes á xornada organizada polo Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) na delegación territorial da Xunta en Ourense. O vindeiro 22 de novembro levarase a cabo unha formación similar na delegación territorial da Xunta en Lugo.

Na xornada do martes en Ourense, secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da Administración local, poderán actualizar os seus coñecementos en materia de transparencia nas entidades locais de Galicia, así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, inaugurará a xornada xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz-Mouteira, e o presidente da Fegamp, Alfredo García. A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño clausurará o acto.

A primeira das ponencias correrá a cargo da directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, que explicará aos asistentes a importancia do Portal de Transparencia Local de Galicia como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en transparencia.

Por outra parte, a codirectora da Rede Localis, Concepción Campos abordará as responsabilidades e obrigas dos funcionarios en materia de transparencia tras o decreto que regula o réxime xurídico dos funcionarios da Administración local coa habilitación nacional; e o profesor da Universidade de Vigo e tamén codirector desta rede, Alberto Vaquero, dotará aos profesionais de ferramentas para cumprir as obrigas legais neste ámbito.

A xornada tamén contará coa participación da secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Elena Barba, quen dará a coñecer as novidades en transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público. Noutra das ponencias, o profesor da Universidade de Santiago e membro da Rede Localis, Daniel Neira, afondará nas dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública, así como nas novidades sobre protección de datos e a interacción desta norma coa de transparencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre