Inicio Galicia Empregados públicos da Administración local formaranse na delegación da Xunta en Lugo...

Empregados públicos da Administración local formaranse na delegación da Xunta en Lugo nunha xornada sobre transparencia

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participará o próximo venres na formación xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizarán unha xornada de formación para empregados públicos dos concellos galegos o próximo venres 22 de novembro na delegación territorial do Goberno galego en Lugo.

Nesta formación, secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da Administración local, poderán coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas, que explicará nunha das ponencias a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participará na inauguración do acto, mentres que a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, asistirá á clausura.

A formación, titulada “A transparencia na Administración local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”, será similar a que xa se levou a cabo esta semana na delegación de Ourense. Os participantes actualizarán os seus coñecementos sobre a xestión pública local, sobre todo no que se refire á materia de transparencia nas entidades locais de Galicia.

Na xornada abordaranse as dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local; as ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais co Portal de Transparencia Local de Galicia; as novidades en transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova norma en materia de contratos do sector público; as obrigas da Secretaría municipal en transparencia tras o decreto polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional; e as interaccións entre a normativa de Protección de Datos e a de transparencia.

Ademais da directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa tamén impartirán parte dos contidos anteriores os codirectores da Rede Localis Concepción Campos e Alberto Vaquero e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Daniel Neira, que tamén pertence a esta rede. Ademais, a secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Elena Barba, abordará a parte relacionada coas plataformas electrónicas de contratación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre