Inicio Galicia Emilia Pardo Bazán na Ulloa e o patrimonio industrial nos Peares esta...

Emilia Pardo Bazán na Ulloa e o patrimonio industrial nos Peares esta fin de semana no ciclo ?Monumenta?

0

O sábado, en Palas de Rei, Francisco Romualdo ofrecerá a súa música e historias aos camiñantes e o domingo serán Son Trío as encargadas das melodías

O ciclo Monumenta, andar con arte achégase o sábado 25 ao concello lucense de Palas de Rei para realizar a andaina que leva por título Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa. As terras da familia homónima e o castelo de Pambre, edificación emblemática da comarca, articulan a actividade, que contará co arqueólogo Santiago Vázquez Collazo e representantes do Instituto de Estudios Ulloáns (IEU) para acompañar e ilustrar aos camiñantes. A ruta percorre o antigo Camiño Xacobeo secundario, con tramos que transcorren pola ribeira do Pambre ata chegar ao castelo.

O punto de partida é a igrexa de San Miguel de Coence, no concello de Pambre, ás 10:30 horas e a andaina, de seis quilómetros e dificultade media, terá lugar por camiños de terra e chan irregular de pedra. Trátase dun achegamento ao románico nas terras da Ulloa, ao pasado guerreiro desa liñaxe desde a Idade Media e ao castelo construído por eles, emblema da comarca e parte do escudo do municipio. A volta farase en autobús. O zanfonista e contacontos Francisco Romualdo está a cargo da parte musical da andaina.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

O Patrimonio industrial nos PearesA comarca dos Peares, a terra dos tres ríos, pertencente a catro concellos e porta de entrada á Ribeira Sacra é o obxectivo da andaina do domingo 26. Unha aproximación diferente ao patrimonio menos coñecido da zona, o industrial, mostra dun pasado emprendedor. A hora de saída da andaina é as 10:30 horas, con catro quilómetros e medio de percorrido fácil, que transcorre entre o punto de encontro, a estación de tren dos Peares, pola ponte do Miño ata chegar ao encoro dos Peares, cruzando á outra beira para regresar ao núcleo do lugar.

Xoán Carmona Badía, catedrático de institucións económicas da USC e investigador da historia marítima e empresarial é o experto en patrimonio industrial que descubrirá para os camiñantes un pasado económico marcado polo ferrocarril, a vitivinicultura e as eléctricas. As voces e a música de Son Trío, formado por Katerina Linke, Su Garrido e Susanna Blanco son as responsables deste Monumenta Escoita.

Vídeo para difundir a iniciativaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de lanzar un vídeo para difundir unha iniciativa que chega xa aos seis anos e que esperta un grande interese entre o público. A creación audiovisual pódese ver na páxina de Cultura e na súa canle de YouTube.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

Para favorecer un maior aprecio e coñecemento do patrimonio cultural, a Consellería vén promovendo iniciativas de achegamento aos bens monumentais a través de vivencias novas. Nesta liña enmárcanse este ciclo de Monumenta e Espazos Sonoros, que dará comezo a vindeira semana, así como outras iniciativas que contan co apoio do departamento, como o Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ou o Festival Groba. 


- Te recomendamos -