Inicio Galicia Emigración incrementa o seu orzamento de actuacións nun 12% polo reforzo das...

Emigración incrementa o seu orzamento de actuacións nun 12% polo reforzo das accións encamiñadas ao retorno

0

As partidas destinadas ao desenvolvemento dos diferentes programas da Secretaría aumentan en máis de 1,4 millóns


A secretaría xeral da Emigración verá incrementado o seu orzamento de actuacións nun 12% para o vindeiro exercicio polo reforzo das accións encamiñadas ao retorno, ata superar os 13,5 millóns de euros, segundo se reflicte no Proxecto de Orzamentos 2020 da Xunta de Galicia. Desta forma, se consolida o compromiso cos galegos do exterior, especialmente na procura de facilitarlle as oportunidades precisas para que poidan volver a súa terra.

Cómpre salientar que as partidas destinadas ao desenvolvemento dos diferentes programas da Secretaría aumentan en preto de 1,4 millóns, destacando nesta suba a aposta polo volta á casa dos galegos do exterior, tanto de primeira como de segundas xeracións.

Neste sentido, os programas de actuación encadrados na Estratexia Retorna 2020 experimentan unha importante suba do 40%, ata rozar os 4,5 millóns, na procura de seguir facilitando a chegada de galegos residentes noutros países.

Así, as axudas para o retorno emprendedor multiplican por dous o seu orzamento ata chegar aos 400.000 euros, co obxectivo de seguir facilitando a posta en marcha de novos negocios na comunidade. Non en van, desde a súa activación fai xa tres anos, o programa ten permitido a apertura de máis de 150 iniciativas empresarias en Galicia.

Pola súa banda, as Bolsa Excelencia Mocidade Exterior reforzan o compromiso coa volta do talento galego cun presuposto que chega ata 1.290.000 euros, o maios das tres edicións que se teñen desenvolvido. Cómpre lembrar que esta actuación permite captar para Galicia os mellores expedientes dos mozos residentes fóra, fomentando o retorno da poboación activa laboral e contribuíndo a fixar novos residentes no territorio.

Ademais, entre as finalidades que perseguen as bolsas atópase garantir a súa permanencia no territorio, unha vez rematen os seus estudos, mediante un itinerario personalizado para a súa inserción laboral en empresas galegas.

Así mesmo, as axudas extraordinarias para persoas emigrantes galegas retornadas ascenden ata 1,9 millóns, na procura de seguir axudando a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia ás familias que presentan máis dificultades para levalo a cabo.

A oficina de atención ao retornoNeste marco de aposta decidida polo retorno cómpre salientar tamén a ampliación da Oficina de Atención ao Retorno, que aspira a facilitar o acceso á información útil e necesario a todos os retornados.

O obxectivo deste completo programa de actuacións, enmarcada pola propia Estratexia Retorna 2020, é o de manter a tendencia á alza das cifras de retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron a súa terra no 2018, quinto ano consecutivo de crecemento do retorno.

Comunidades galegas no ExteriorAsí mesmo, Emigración manterá o vindeiro exercicio o seu apoio ás Comunidades Galegas do Exterior, en cumprimento do papel que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e que se ten desenvolvido na Lei de Galeguidade.

Na atención aos colectivos que representan á diáspora galega fóra do territorio destaca o investimento social e sanitario, destinado a garantir unhas condicións de vida dignas aos galegos en situación de maior desvantaxe, sexa por razóns de idade, económicas, ou de saúde. Cómpre lembrar que estas entidades prestan servizos sociais e sanitarios en países con coberturas moi limitadas ou inexistentes nesta materia.

Así, increméntase a aposta na axuda fundamental para garantir dita atención destinando este ano case 2,8 millóns de euros, un 5,6% máis, o que consolida un crecemento superior ao 27% nos dous últimos anos. E tamén se incrementa noutro 5% a dotación orzamentaria para a cooperación coas entidades galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre