Inicio Galicia Emigración amplía ás sociedades mercantís as axudas ao retornado emprendedor, que ascenderán...

Emigración amplía ás sociedades mercantís as axudas ao retornado emprendedor, que ascenderán a un máximo de 8.000 ? para gastos de establecemento

0

O DOG publicou onte a sétima convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro

A Secretaría Xeral da Emigración vén de incluír novidades no programa dirixido aos galegos do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio. As Axudas ao Retornado Emprendedor inclúen este ano por primeira vez aqueles retornados que se dean de alta como socios traballadores de sociedades mercantís, e non unicamente aqueles que adquirían a forma xurídica de autónomos, sociedades laborais ou cooperativas de traballo. Esta ampliación de posibles beneficiarios permitirá a moitos retornados acceder a esta liña, que desde a súa posta en marcha en 2013 ten permitido facer realidade máis de 125 proxectos empresariais en toda Galicia.

Outro dos cambios que incorpora a actual convocatoria, publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) afecta os requisitos das solicitudes, que estarán dotados dunha contía fixa de 5.000 euros para cada retornado emprendedor, que poderá incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que poderá obter cada un dos beneficiarios será, así, de 8.000 euros. Para acadar unha destas axudas, os solicitantes deberán aportar un plan de negocio empresarial que deberá contar con informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local, segundo figura nas bases da convocatoria.

Gastos de establecemento da empresaA aposta do Goberno galego para esta nova edición das Axudas ao Retornado Emprendedor, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 30 de setembro, volve rondar os 200.000 euros para cubrir gastos de establecemento da empresa. A este programa da Xunta de Galicia poderán acollerse os galegos de nacemento, os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega. Entre os aspirantes contarán cun espazo propio os beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), outro dos programas da Secretaria Xeral da Emigración incluídos na Estratexia Retorna 2020.

Os solicitantes deberán, ademais, estar en posesión da nacionalidade española antes do seu retorno a España, que debeu producirse nun máximo de dous anos anteriores á data de presentación da solicitude. Deberán residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional en Galicia e non ter sido beneficiarios desta axuda para a mesma actividade en anteriores convocatorias. En caso de tratarse de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia ou socias traballadoras de sociedades laborais, mercantís ou de cooperativas de traballo asociado, deberán ser titulares dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda con anterioridade á presentación da solicitude. As persoas socias traballadoras de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de traballo asociado, pola súa banda, terán que ter entidades legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Mercantil, o Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia. Unha estratexia transversal que implica a todos sectoresAdemais deste programa propio da Secretaría Xeral da Emigración, o Goberno galego está a fomentar, a través dunha estratexia transversal na que están implicados outros departamentos autonómicos, tanto a contratación de traballadores coma a creación de autoemprego para emigrantes galegos retornados. Aos dous programas da Consellería de Economía, Emprego e Industria que regulan as axudas para impulsar o inicio da actividade para autónomos e as destinadas a favorecer a contratación indefinida de traballadores en 190 empresas de autónomos hai que engadirlles as axudas que concede para impulsar a contratación nas pemes, para a consolidación do emprego nas pequenas empresas tecnolóxicas e de nova creación, os obradoiros duais de emprego, o plan formativo para o emprego para traballadores/as desempregados/as, o Programa Emprega Parados de Longa Duración e as axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, entre outros. Tamén o programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria aumenta a contía dos beneficios no caso de tratarse de emigrantes galegos retornados, colectivo ao que se presta especial atención tamén noutras iniciativas do Goberno galego tanto de carácter social, como a Tarxeta Benvida, como económica e laboral.

Máis información sobre estas axudas na ligazónhttps://emigracion.xunta.gal/es/actividad/linea-de-ayuda/subvenciones-promover-autoempleo-y-la-actividad-emprendedora-las-personas-5  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre