Inicio Galicia Elixio Rivas recibe en Ourense a Medalla de Ouro da Provincia

Elixio Rivas recibe en Ourense a Medalla de Ouro da Provincia

0

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial asistiron ao acto


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, asistiron hoxe ao mediodía ao acto de entrega da Medalla de Ouro da Provincia ao sacerdote, profesor, etnógrafo e lingüista Elixio Rivas, outorgada pola Deputación Provincial.

No campo da lingüística, Elixio Rivas (A Abelenda, Xunqueira de Ambía, 1925) dedicouse fundamentalmente aos campos da onomástica, a etnolingüística e a etimoloxía. É o investigador que recolleu o maior volume de léxico referido á cultura material de toda a historia de Galicia. No ámbito da etimoloxía é autor dun Dicionario etimolóxico galego que supón un avance con respecto aos antecedentes de Sigrid Buschmann e de Harry Meier. Polo que se refire á onomástica, é membro da Comisión de Toponimia de Galicia e, ademais da súa tese de doutoramento sobre a toponimia de Marín, ten publicados diversos traballos en que engade a unha importante recolleita de onomástica galega documentación histórica dos topónimos e antropónimos estudados. Foi distinguido anteriormente co Premio Otero Pedrayo (1980) e coa Medalla Castelao (2000).

O Centro Ramón Piñeiro, adscrito á Consellería de Cultura e Turismo, acolle desde o ano 2017 unha importante parte dos materiais científicos manexados polo profesor Elixio Rivas para a elaboración dos seus traballos de onomástica, etimoloxía e etnolingüística, entre os que se inclúen as súas fichas de toponimia dixitalizadas, fotolitos das súas obras e diversas fotografías.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre