Inicio Galicia Educación vén de adxudicar 22 obras de rehabilitación integral en centros escolares...

Educación vén de adxudicar 22 obras de rehabilitación integral en centros escolares por un importe de máis de 19 millóns de euros

0

Todos os traballos, que se realizarán con cargo aos fondos de superávit, comezarán nos vindeiros días


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por un importe de 19.074.116 euros as 22 obras de rehabilitación integral noutros tantos centros escolares de toda Galicia que se levarán a cabo este verán con cargo aos fondos de superávit.

A plataforma Contratos de Galicia publica o listado das adxudicacións dunhas obras cuxos proxectos xa foron encargados o pasado mes de decembro co fin de axilizar ao máximo os trámites administrativos e as pertinentes licenzas municipais co obxectivo de que o groso dos traballos se realicen durante o verán coincidindo co período non lectivo. Deste xeito, a meirande parte das obras de maior impacto e incomodidade podería quedar rematada no comezo do curso, de tal xeito que as restantes obras interfiran o menos posible na actividade lectiva.

Respecto dos centros escollidos para a realización das obras, lembrar que se actuou con criterios exclusivamente técnico como a antigüidade dos centros (construídos entre 1970 e 1985), o grao de necesidade das intervencións apreciada polas unidades técnicas provinciais e o número de alumnas e alumnos (superior a 150, agás no caso da Fonsagrada e Cervo).

O Plan de dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2021 suporá, por tanto, a renovación dos centros educativos máis antigos, ademais dun compromiso medioambiental claro, a través das actuacións de rehabilitación enerxética.

Con esas características, os centros nos que se intervirá este ano e o orzamento para cada un son os reflectidos no seguinte cadro:  Concello Centro Importe CarralCEIP Vicente Otero Valcárcel 713.904,98 Santiago de CompostelaCEIP Raíña Fabiola 625.467,48 ArzúaIES de Arzúa 935.508,80 FerrolCEIP Cruceiro de Canido 835.380,69 A CoruñaIES Monelos 838.261,07 CarballoCEIP Fogar 1.430.197,64 LugoIES Muralla Romana833.576,86 A FonsagradaCEIP Plurilingüe Santa María896.243,85 LugoCEIP de Casás732.571,91 CervoCEIP de Cervo943.380,87 FozCEIP de Foz nº 1815.989,38 VerínCEIP Princesa de España760.847,00 O Barco de ValdeorrasCEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa634.813,95 O CarballiñoCEIP Plurilingüe Calvo Sotelo758.128,62 OurenseCEIP de Prácticas916.196,74 OurenseIES O Couto842.186,99 BaionaCPI de Cova Terreña1.136.973,66 CambadosIES Ramón Cabanillas1.008.525,54 PontecesuresCPI de Pontecesures762.341,23 CangasCEIP do Hío810.321,85 MarínIES Illa de Tambo1.090.880,60 VigoCEIP García Barbón752.416,66

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-style-parent:»»; font-size:10.0pt;»Times New Roman»,»serif»;}

Obras de eficiencia enerxética no plan de dotación de infraestruturas educativasEstas obras enmárcanse no Plan de dotación de infraestruturas educativas, que vén de ampliar a súa vixencia nun ano para o período 2016-2021, ao abeiro do cal tamén está programada para este ano outras obras, tanto de nova construción como de reforma, ampliación e mellora de 9 actuacións de rehabilitación enerxética que xa foron adxudicadas e que comezarán tamén este verán:  Concello Centro Importe Teo CEIP da Ramallosa714.642,96 Noia CEIP Felipe de Castro677.032,47 LáncaraCPI Ramón Piñeiro676.652,63 LugoCEIP Luis Pimentel543.096,16 BurelaCEIP Virxe do Carme860.297,90 MasideCPI Terras de Maside500.000,00 Ourense CIFP Portovello521.949,42 Cerdedo-CotobadeCEIP Tenorio572.116,51 Vilagarcía de ArousaCEIP Arealonga616.710,25

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-style-parent:»»; font-size:10.0pt;»Times New Roman»,»serif»;}

O impacto total do Plan será, computando os tres anos executados e os dous programados (2019 e 2020) de 116 grandes actuacións, o que supón actuar no 10,6% dos centros. Territorialmente, isto supón actuar en 72 concellos, o 23 por cento da totalidade dos de Galicia e beneficiar a 33.067 alumnas e alumnos (o 13% do total).

Todo ilo supón xestionar un orzamento de preto de 200 millóns de euros para obras en seis anos, aos que hai que engadirlle os 21,4 millóns de euros do superávit desde ano 2019 e os eventuais que se poidan derivar do superávit do ano 2020.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre