Inicio Galicia Educación reúne por primeira vez a axentes educativos e empresas para afondar...

Educación reúne por primeira vez a axentes educativos e empresas para afondar sobre a FP Dual en Galicia

0

Na xornada presentarase a primeira Guía Básica de FP Dual


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reunirá por primeira vez o vindeiro martes 26 a axentes educativos e empresas nunha xornada técnica na que afondarán nos pormenores da FP Dual en Galicia. O evento desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións, en Santiago de Compostela, e contará coa asistencia de, aproximadamente 800 persoas, entre equipos directivos de centros que imparten ciclos formativos, orientadores, profesorado, dinamizadores de FP Dual, empresas colaboradoras e titores de empresa.

O obxectivo é dar a coñecer o modelo de FP dual en Galicia, poñendo en valor esta experiencia compartida, analizando e tendo en conta a visión de todos os actores, dado o papel principal que todos eles desempeñan neste cambio formativo. Tamén con esta finalidade, no evento presentarase a Guía Básica de FP dual, dirixida aos devanditos axentes.

A xornada comezará cun acto de presentación e inauguración no que directivos de Navantia e Cortizo farán unha breve exposición da súa experiencia na FP Dual. A continuación desenvolverase unha sesión baixo a denominación Os actores do cambio na que un xornalista especializado formularalles preguntas aos compoñentes de varias mesas nas que estarán representados todos os roles dentro da FP Dual.

Dado que o perfil de asistentes é moi amplo, o programa da tarde dividirase, dun lado para as persoas que demandan información e doutro cunha actividade na que se traballarán aspectos máis organizativos.

Deste xeito, unha parte da programación dirixirase a equipos directivos de centros e de empresas interesadas nesta opción da FP, co obxecto de facilitarlles a información necesaria para o proceso; a orientadores, para darlles ferramentas coas que informar aos alumnos axeitadamente; e ao profesorado en xeral que nunca impartise ou imparta por primeira vez en ciclos de FP dual. Nela abordaranse cuestións como as bolsas FEUGA, a xestión por parte da empresa e a xestión académica de xeito específico.

Na outra actividade, equipos directivos de centros con proxectos en marcha de FP dual, porán en común esta experiencia compartida coas empresas colaboradoras neste eido; e exporase o papel clave de titores de empresa e centro educativo e do profesorado dos grupos de Dual. Así mesmo, abordarase a importancia da rede de dinamización de FP Dual á hora de facilitar a coordinación dos proxectos de FP dual, na comunicación entre o centro e a empresa así como na difusión dos proxectos entre o alumnado.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre