Inicio Galicia Educación recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos participantes no VI...

Educación recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos participantes no VI Concurso de Traballos por Proxectos

0

O certame ten como obxectivo incentivar o traballo por proxectos e de investigación no eido das bibliotecas escolares


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a resolución cos centros premiados na VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, a través do que se recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares. A iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016-20 busca, ademais, incentivar as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.

Todos os traballos deberon realizarse coa coordinación, apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades. A modalidade 1 centrouse en proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados (traballos de investigación sobre un tema no que os alumnos se familiarizan cos mecanismos de busca de información) coordinados desde a biblioteca escolar e que coa participación dun mínimo do 40% das aulas do centro, ou dun 40% dos departamentos no caso dos centros de ensino secundario.

A modalidade 2 referiuse a proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, con tres submodalidades (traballos de grupo, de ciclo/departamento e proxectos realizados na materia de libre configuración “investigación e tratamento da información”). Por último, a modalidade 3 centrouse en proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino, co fin de desenvolver un proxecto común de temática xeral ou científica.

A listaxe de centros premiados por modalidades é a seguinte:  Modalidade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre