Inicio Galicia Educación presenta aos sindicatos a proposta de prazas para catedráticos da oferta...

Educación presenta aos sindicatos a proposta de prazas para catedráticos da oferta pública de emprego docente de 2020

0

O resto das prazas, ata o total de 3.654, presentáronse nunha mesa sectorial en febreiro


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles hoxe na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais a proposta de prazas de catedráticos da oferta pública de emprego (OPE) de 2020, un total de 1.300. Cómpre lembrar que as especialidades do resto das prazas, ata as 3.654 prazas que se convocarán en total, abordáronse na mesa sectorial desenvolvida o pasado mes de febreiro.

En total presentouse unha oferta de 40 especialidades para o acceso ao corpo de catedráticos de Ensino Secundario, de 7 especialidades no corpo de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas e de 13 do de Artes Plásticas e Deseño. A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras semanas.

Por corpos e especialidades, o número de prazas propostas hoxe aos sindicatos na mesa sectorial distribúese do seguinte xeito:Catedráticos de Ensino Secundario: 1.232 prazas   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre