Inicio Galicia Educación oferta por primeira vez na Escola Oficial de Idiomas de Ourense...

Educación oferta por primeira vez na Escola Oficial de Idiomas de Ourense o idioma español para estranxeiros

0

Complétase así a impartición desta ensinanza na rede de EOIs de Galicia, que tamén


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional implanta por primeira vez na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ourense as ensinanzas do idioma español para estranxeiros no curso 2018-19, tal como se reflicte na orde sobre a oferta educativa nas EOIs de Galicia a partir do presente curso, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181003/AnuncioG0164-260918-0004_gl.html).

Deste xeito, a oferta deste idioma, que xa se viña impartindo nas EOI da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, increméntase con 60 novas prazas para os niveis A2 e B1. As datas de matrícula para estes novos grupos anunciaranse na páxina web da EOI de Ourense ([email protected]).

Cómpre salientar que a oferta das escolas oficiais de idiomas de Galicia para este curso adáptase á nova organización establecida no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, e no Decreto 81/2018, do 19 de xullo, que permite impartir dende o nivel A1 ata o C2 en todos os idiomas, agás en árabe, chinés, ruso e xaponés, linguas nas que, polas súas características específicas, o último nivel implantado é o B2.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

No presente curso 2018-2019 ofértase ata o nivel C1 dos idiomas alemán, francés e italiano en todas as EOI, ademais do nivel C2 en galego, inglés e portugués. Esta oferta compleméntase coa de cursos de competencia lingüística e comunicativa (CALC), cursos para a formación do profesorado, cursos preparatorios para as probas Celga e cursos de linguaxe administrativa galega. As escolas oficiais de idiomas ofertan tamén cursos de competencias parciais dirixidos a colectivos profesionais ou ao público en xeral, destinados a potenciar as competencias nunha ou máis actividades de lingua.

A raíz desta nova organización, a consellería deseñou un plan de formación dirixido ao asesoramento do profesorado das EOI, que se iniciou o pasado setembro coas VIII Xornadas de EOI nas que participaron ao redor de 260 docentes destinados nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, e que continuará con sesións formativas ao longo do curso.


- Te recomendamos -