Inicio Galicia Educación licita a rehabilitación integral do CEIP Virxe do Carme de Burela,...

Educación licita a rehabilitación integral do CEIP Virxe do Carme de Burela, por preto de un millón de euros

0

A obra abrangue a renovación da cuberta e actuacións nas fachadas, nas carpinterías e nas luminarias, entre outras


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de licitar a rehabilitación integral -enerxética e funcional- do CEIP Virxe do Carme de Burela por un importe de 956.043 euros e un prazo de execución de tres meses, tal como se publica a plataforma de Contratos de Galicia.

A obra implica a renovación e modernización global das instalacións dos tres edificios que compoñen o complexo (edificio docente principal, edificio de ladrillo cara vista e edificio de aulario), que foron construídos nos anos 70. En concreto, no edificio docente principal -que consta de dúas plantas e unha superficie construída de case 1.600 metros cadrados- substituirase a cuberta de fibrocemento en terraza e os falsos teitos en aulas, renovaranse os aseos de infantil e dos profesores, a tarima e os armarios das aulas e as portas de acceso á parcela do centro, e pintaranse os paramentos interiores do dito edificio. Ademais, mellorarase a eficiencia enerxética do edificio con illamento térmico na cara inferior do teito, illamento do forxado de baixocuberta con lá de roca, illamento de fachada polo exterior mediante sistema SATE, e substitución de luminarias existentes por equipos de alta eficiencia enerxética. No caso do edificio de ladrillo cara vista e do edificio do aulario, a intervención abrangue o illamento das fachadas, o illamento térmico do forxado das baixo cubertas, e substituirase as ventás por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro, e as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética. Así mesmo nestes dous edificios renovaranse as portas interiores deterioradas en aulas e aseos, substituiranse os falsos teitos por paneis acústicos de lá de roca nas aulas e pintaranse os paramentos interiores. A maiores, no edificio de ladrillo cara vista renovarase o pavimento da biblioteca e substituiranse os falsos teitos nas zonas da biblioteca e repografía; mentres que no caso do Aulario se substituirán os falsos teitos. A previsión é que todas estas obras se acometan no verán, unha vez remate a actividade lectiva, co obxecto de provocar a menor interferencia posible coa función docente e, polo tanto, que as instalacións renovadas estean en perfecto estado de uso de caro ao vindeiro curso académico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre