Inicio Galicia Educación licita a obra de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Plurilingüe...

Educación licita a obra de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes de Santiago de Compostela

0

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina máis de 700.000 euros a esta actuación


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro de traballo co equipo directivo do CEIP Monte dos Postes para informarlles que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes por un importe de 701.249,93 €.

As actuacións centraranse na mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da colocación de illamento de fachada polo exterior mediante sistema SATE. Así mesmo mudaranse as actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se substituirán as persianas, que levarán illante térmico interior; instalaranse luminarias de alta eficiencia enerxética con equipos de regulación e detectores de movemento; e cambiarase a caldeira de gasóleo por tres caldeiras de gas en cascada.

As obras completaranse coa instalación de falsos teitos rexistrables de placas de cartón xeso, ademais de coa reparación e pintado de paramentos, carpintería interior, barandas, radiadores e tubaxes. A maiores pulirase e abrillantarase o pavimento de terrazo.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, o proceso de licitación e adxudicación de obras estará rematado antes do vindeiro xuño. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

Esta é unha das 8 obras de rehabilitación enerxética que a Consellería de Educación ten previsto executar ao longo deste ano 2020 en diferentes concellos das catro provincias e que están xa licitadas por un importe total de 5.630.183,89? euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre