Inicio Galicia Educación impulsa o programa SEMGAL co obxectivo de avanzar na inclusión e...

Educación impulsa o programa SEMGAL co obxectivo de avanzar na inclusión e mellorar o rendemento académico do alumnado galego

0

A conselleira Carmen Pomar presentou hoxe esta iniciativa, baseada no modelo SEM (Modelo de Enriquecemento Escolar) que se centra en detectar as fortalezas, intereses e talentos dos escolares a través de un proxecto de intervención pedagóxica que beneficia ao conxunto


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai impulsar entre os centros educativos galegos o SEMGAL, o programa de Enriquecemento Escolar -baseado no modelo SEM (Schoolwide Enrichmet Model), adaptado a Galicia, co fin de avanzar no proceso de inclusión educativa e mellorar o rendemento académico do alumnado.

A conselleira Carmen Pomar presentou hoxe o proceso de implantación e adaptación á realidade galega deste modelo educativo que na súa orixe foi pensado para estudantes de alto rendemento. De feito, segundo explicou, Galicia é a primeira comunidade autónoma de Europa que está implantando o modelo SEM no ensino público.

A titular de Educación estivo acompañada dos doutores da Universidade de Connecticut (EEUU) que impulsaron este modelo educativo, Sally Reis, Josep Renzulli e Del Siegle, que están en Galicia para participar nas xornadas de formación sobre o modelo SEM dirixidas ao profesorado dos centros SEMGAL e aos novos formadores e asesores; que se están levando a cabo desde onte xoves e ata mañá sábado en Santiago e Pontevedra.

No caso de Galicia, esta acción enmárcase “no modelo de escola inclusiva” que se configura como un dos eixes principais das políticas educativas da Xunta de Galicia para os vindeiros anos.

Precisamente a conselleira fixo especial fincapé neste “carácter marcadamente inclusivo” do SEMGAL, na medida en que contempla a “identidade singular” de cada alumna e alumno e se desenvolve unha proposta específica de acordo coas inquietudes dos estudantes a través de proxectos interdisciplinares que benefician ao conxunto do alumnado e do centro no que se poñen en marcha.

O obxectivo é, por tanto, en primeiro lugar detectar as fortalezas, intereses e talentos de todos e cada un dos alumnos que participan no proxecto e, unha vez coñecidas, artéllanse programas concretos de aprendizaxe a través de traballos por proxectos e metodoloxías activas de maneira transversal no conxunto do currículo do curso e nivel educativo.

Todo este proceso -no que ademais do alumnado e o profesorado, tamén se implica ás familias- esixe dun exhaustivo programa de formación do profesorado (a través dos Plans de Formación Permanente do Profesorado en Centros, PFPP) e de mentorización (para o cal hai un equipo constituído por 13 especialistas en distintas materias e niveis educativos que apoian o desenvolvemento curricular dos proxectos inerdisciplinarios e a súa posterior avaliación.

Canto ao rendemento académico, Carmen Pomar explicou que os resultados deste tipo de iniciativas están avalados polas investigacións internacionais, e no caso de Galicia lembrou os datos do estudo realizado pola USC sobre o programa Piteas (antecedente do actual SEMGAL) en colaboración coa Fundación Barrié, no que se constatou unha mellora d rendemento académico e das habilidades cognitivas e creativas do alumnado participante, que repercutiu de xeito directo nas súa cualificaciónsA día de hoxe o proxecto SEMGAL abrangue un total de 39 centros escolares, -25 deles xa integrados na rede SEMGAL e outros 14 na fase de achegamento-, máis de 4.300 alumnos e preto de 400 docentes.

Listaxe de centros SEMGAL:

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

REDE DE CENTROS SEMGAL

Ano 4 de implantación do modelo

CEE de Panxón

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre