Inicio Galicia Educación impulsa a I+D+i na Universidade da Coruña cun investimento de 1,7...

Educación impulsa a I+D+i na Universidade da Coruña cun investimento de 1,7 millóns de euros

0

O conselleiro Román Rodríguez e o reitor Julio Abalde asinan un convenio de colaboración para realizar, entre outras, actuacións no marcos dos campus de especialización Industrial, Innova e Sustentabilidade


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Albalde, asinaron un convenio de colaboración a través do cal o departamento educativo da Xunta de Galicia mobiliza un total de 1.709.000 euros para impulsar novas accións de I+D+i na universidade coruñesa.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para o desenvolvemento de novas accións estratéxicas neste eido co fin de estruturar e potenciar a actividade investigadora da propia UDC. En concreto, as actuacións centraranse arredor dos campus de especialización Industrial de Ferrol, Innova e da Sustentabilidade, ademais de en investimentos materiais e inmateriais en centros de investigación, entre outros.

Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia continúa fortalecendo a estratexia de especialización de campus, ademais de ofrecer apoio ao desenvolvemento da investigación universitaria, en consonancia coa aposta polo crecemento intelixente que fai o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Campus IndustrialNo referido ao Campus Industrial de Ferrol, as actuacións céntranse en dar continuidade á Oficina do mesmo, o que permitirá afondar na relación do campus con todos os axentes interesados na actividade investigadora e de transferencia a desenvolver, a través da contratación de persoal, equipamentos e da asistencia técnica para a planificación da Agrupación Estratéxica do Campus Industrial de Ferrol.

Así mesmo, desenvolveranse accións de comercialización, difusión, apoio á coordinación e apoio no deseño e estratexia de difusión do Campus, co fin de dar a coñecer a oferta académica que leva asociada . Ademais, potenciarase a internacionalización, posicionando a oferta académica no exterior, o que vai permitir afianzar e incrementar as relacións en materia de docencia, investigación e transferencia do Campus, favorecendo a presenza de estudantes estranxeiros e de iniciativas de colaboración en docencia e investigación con institucións estranxeiras.

A maiores, realizarase un acondicionamento das infraestruturas, equipamento básico e recursos docentes para adaptalos ás novas necesidades docentes, co fin de acadar unha docencia moito máis interactiva, cunha visión práctica e con novos medios tecnolóxicos que estimule a aprendizaxe grupal e a iniciativa emprendedora do estudantado.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Campus Innova e Campus da SustentabilidadeNo que atinxe aos Campus Innova e Campus da Sustentabilidade (este último presentado o pasado 26 de xuño), o convenio contempla actuacións para impulsar a posta en marcha destes dous campus centrais da Coruña, así como para presentar á sociedade estas dúas accións de especialización que se veñen a sumar ao Campus Industrial de Ferrol.

O principal obxectivo do Campus Innova é consolidarse en áreas de coñecemento vinculadas á innovación nas tecnoloxías da información e comunicación, á innovación aplicada á edificación e enxeñería civil e ás tics aplicadas ás humanidades e contidos dixitais. No caso do da Sustentabilidade, centrarase en áreas de coñecemento vinculadas ao urbanismo e paisaxe; á sustentabilidade ambiental, social e económica; e á vida saudable e o deporte.

Así, entre as accións subvencionables ao abeiro do convenio están os materiais divulgativos e promocionais, así como o servizo de oficina técnica, que permitirá realizar a coordinación de todas as actividades.

Neste mesmo marco, contémplanse accións de internacionalización centradas en implantar programas académicos bilingües, o desenvolvemento de máis doutorados europeos ou a participación en convocatorias de proxectos de investigación europeos ou programas específicos no eido das TIC.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Investimento material e inmaterialNa terceira liña de actuación, orientada a investimentos materiais e inmateriais, recóllense as accións dirixidas á mellora de unidades e centros de investigación, renovación tecnolóxica e promoción da investigación e transferencia; á implantación continua de medidas singulares para a potenciación da investigación e da transferencia; ás políticas de aforro enerxético e reformas que permitan a sustentabilidade dos edificios universitarios.

Entre outros centros, beneficiaranse deste convenio a Escola Internacional de Doutoramento (EID), o Servizo de apoio á investigación (Edificio LERD), o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), as facultades de Socioloxía e Arquitectura, o Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e Comunicación (CITIC), ou o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).


- Te recomendamos -