Inicio Galicia Educación convoca os premios ao esforzo e superación persoal para o alumnado...

Educación convoca os premios ao esforzo e superación persoal para o alumnado de ESO

0

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria destes recoñecementos, que valoran a capacidade de superación de dificultades do alumnado que cursa 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19, cos que se recoñece o traballo daquel alumnado que cursou 4º de ESO durante o curso académico que acaba de rematar e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. A Consellería destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden; e os interesados dispoñen dun mes de prazo para tramitar as solicitudes.

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre