Inicio Galicia Educación convoca as prazas para catedráticos da oferta pública de emprego docente...

Educación convoca as prazas para catedráticos da oferta pública de emprego docente de 2020

0

O resto das prazas xa foron convocadas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se convoca o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. Estas 1.300 prazas enmárcanse na oferta pública de emprego (OPE) da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de 2020. Cómpre lembrar que o resto das prazas da OPE (mestres, profesores de secundaria, etc ) xa foron convocadas.

O prazo de inscrición abrangue dende o 23 de xuño de 2020 ata o 14 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos O requisitos son ser funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ou do corpo de profesores de artes plásticas e deseño; ter unha antigüidade de 8 anos como persoal funcionario dun dos corpos citados; e posuír o título de Doutoramento, Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura ou título de Grao correspondente, ou titulación equivalente para os efectos de docencia no correspondente corpo e especialidade.

En cátedras ofértanse un total de 40 especialidades para o acceso ao corpo de catedráticos de Ensino Secundario, de 7 especialidades no corpo de catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas e de 13 do de Artes Plásticas e Deseño.

Por corpos e especialidades, o número de prazas distribúese do seguinte xeito:Catedráticos de Ensino Secundario: 1.232 prazas  Código/especialidade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre