Inicio Galicia Educación convoca as axudas para a realización da formación práctica en centros...

Educación convoca as axudas para a realización da formación práctica en centros de traballo e en FP Dual

0

O obxectivo desta acción, dotada cun orzamento de 400.000 euros por parte da Consellería, é compensarlle parcialmente ao alumado os gastos derivados destas actividades


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, incluído o alumnado que cursa a modalidade de FP Dual, dotada cun orzamento de 400.000 euros.

O obxectivo desta liña de actuación é compensarlle ao alumnado parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das devanditas actividades, que se desenvolven na empresa; ao tempo que se favorece a mobilidade transnacional das persoas que desexan formarse ou contribuír a actividades de formación noutros países, o que permite a mellora das competencias lingüísticas e profesionais.

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual. En calquera caso, deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro deste ano.

ModalidadesA convocatoria establece dúas modalidades, una dirixida aos que realizan a formación dentro do territorio español e outra para os que a fan fóra do mesmo.

Na modalidade A, a contía da axuda dependerá de onde se realicen as prácticas. Así, o alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro da súa comunidade autónoma recibirá ata un máximo de 300 €, sempre que o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo ou o de residencia do estudante durante ese período. A contía a percibir polo alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou, no caso da FP Dual, do número de xornadas de permanencia na empresa.

No caso do alumnado que realice a formación fóra da comunidade autónoma, percibirá unha cantidade fixa de 200€ aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.

Na modalidade B a contía das axudas variará en función do país de destino. Deste xeito, establécese contía base (para todo o alumnado con independencia das semanas de estadía no estranxeiro), en base á seguinte distribución:Unión Europea: 

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

País

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre