Inicio Galicia Educación concede o Selo Biblioteca Escolar Solidaria a 10 centros, un recoñecemento...

Educación concede o Selo Biblioteca Escolar Solidaria a 10 centros, un recoñecemento do seu traballo a prol da igualdade e a inclusión

0

Ademais, outros 10 centros foron seleccionados polas súas experiencias na iniciativa Voluntariado de Lectura-A, que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder a 10 centros educativos o Selo Biblioteca Escolar Solidaria, mentres que outros 10 foron seleccionados en relación coa iniciativa Voluntariado de Lectura-A, tal e como publica Portal Educativo.

Ambas accións -que a Consellería pon en marcha en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- están enmarcadas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, no que se inclúen diferentes iniciativas destinadas a promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre alumnado e familias, así como a recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas inclusivas que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento.

Selo Biblioteca Escolar SolidariaO Selo Biblioteca Escolar Solidaria é un recoñecemento ao traballo das comunidades educativas a prol dunha biblioteca escolar atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento e que propician especificamente valores de xustiza e de solidariedade; que procuran a compensación de desigualdades con fórmulas de aproveitamento dos recursos a través de medidas específicas, de carácter estrutural e sistemático; e que contan con alumnado voluntario e, tamén, con familias colaboradoras da biblioteca, en labores de xestión e dinamización.

Cada centro recibirá un diploma acreditativo ademais dunha asignación de 1.500 euros que deberá ser destinada a actividades da biblioteca escolar relacionadas coa difusión dos Obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.

Os 10 centros que acadan o selo son: Centro

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre