Inicio Galicia Educación concede 200 bolsas universitarias para estadías no estranxeiro, 50 máis que...

Educación concede 200 bolsas universitarias para estadías no estranxeiro, 50 máis que o curso pasado

0

A Consellería incrementou nun 48% o orzamento para estas axudas, que pasou dos 135.000 euros en 2017 aos 200.000 euros deste ano


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución de axudas dirixidas a estudantes universitarios co obxectivo de que melloren o seu nivel de linguas a través de estadías no estranxeiro.

Na convocatoria deste ano (que pode consultarse aquí) resultan beneficiados un total de 200 estudantes do Sistema Universitario Galego (SUG), 50 máis que o curso pasado, xa que a Consellería de Educación incrementou tanto o número de prazas como a contía a recibir por bolsa, que pasou dos 900 euros do ano pasado aos 1000 euros por beneficiario este ano. Para atender estes incrementos, o departamento educativo da Xunta destina a estas bolsas 200.000 euros, o que supón un 48 por cento máis con respecto aos 135.000 euros da convocatoria de 2017.

Por países de destino, a meirande parte das bolsas son para estadías en Reino Unido (66), en Malta (61) e en Irlanda (37). Séguenlle as bolsas en Francia (15), en Alemaña (12), en Italia (5) e en Portugal (4).

Leer más:  Detenido un hombre en Lugo tras golpear a su pareja en presencia de su hijo menor que grabó la agresión

Contado cos do presente ano, desde que se puxeron en marcha estas bolsas no curso 2011/12, un total de 839 universitarios galegos se beneficiaron destas axudas cuxa finalidade é que os estudantes de calquera das tres universidades SUG poidan mellorar as súas competencias en outros idiomas, nun curso que deberá desenvolverse no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2018, ambos incluídos.

Estas axudas reafirman o compromiso do Goberno galego coa igualdade de oportunidades de todo o estudantado para acadar a excelencia, así como un estímulo en prol da mobilidade dos universitarios galegos, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).


- Te recomendamos -