Inicio Galicia Educación abre o prazo para a implantación de másters de excelencia universitaria...

Educación abre o prazo para a implantación de másters de excelencia universitaria en Galicia

0

A mención de Máster Universitario Excelente será un selo de calidade que acreditará a solvencia técnico-científica dos estudos que acaden este recoñecemento, ao tempo que será unha garantía para o alumnado


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o proceso para a implantación de másters universitarios de Excelencia no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Diario Oficial de Galicia, publica hoxe a Orde pola que se regula e se convoca a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas tres universidades SUG.

Esta mención -pioneira no conxunto do Estado- é un selo de calidade que acreditará, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos acaden este recoñecemento; e, doutra banda, tamén suporá unha garantía de futuro para os estudantes.

As universidades dispoñen dun mes de prazo para solicitar ese selo de calidade para as titulacións que consideren, sempre que cumpran cos requisitos esixidos. Así, cada universidade do SUG poderá presentar, como máximo, ata cinco solicitudes correspondentes a outras tantas titulacións de máster universitario oficial, tanto se as imparten en exclusividade como se figuran como universidade coordinadora no caso de titulacións conxuntas. Entre os requisitos para solicitar a mención están o de ser títulos de máster universitario de carácter oficial e validez en todo o territorial nacional, e que veñan sendo impartidos por algunha das universidades do SUG de xeito ininterrompido, como mínimo, dende o curso 2016-17, e que continúe impartíndose na actualidade.

Criterios de avaliaciónA Orde publicada hoxe establece unha serie de criterios de avaliación para acceder a esta mención. Así, os aspectos xerais do máster como a taxa de demanda, entidades públicas e privadas que colaboren directamente co máster, procedemento de selección do alumnado, porcentaxe de alumnado estranxeiro, e a existencia de titorización e mentorización individuais, valoraranse con ata 25 puntos. Tamén con ata 25 puntos se valorarán os resultados do máster, para o cal se terán en conta os resultados das enquisas de satisfacción do alumnado, o seguimento dos egresados no mercado laboral e os indicadores externos de recoñecemento (artigos, ránkings).

O profesorado do máster computará con ata 15 puntos, con aspectos como os méritos relevantes do profesorado permanente, a adecuación do currículo docente e investigador do profesorado cos contidos que se imparten no máster, e o prestixio e recoñecemento do profesorado procedente doutras universidade sou doutros conferenciantes externos.

A estratexia do máster (visión, misión e desenvolvemento futuro do máster, o plan de xestión para os cinco próximos anos académicos e as melloras previstas en caso de obter esta mención) valorarase con ata 20 puntos. Con ata 15 puntos valorarase o Plan de estudos (porcentaxe de prácticas no plan de estudos, créditos dedicados a prácticas obrigatorias en empresas, emprego de metodoloxías docentes innovadoras); e con ata 10 puntos o apartado de Emprendemento, no que se terán en conta aspectos como a existencia ou o compromiso de inclusión dun módulo vinculado directamente cunha formación en emprendemento e autoemprego.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes, unha comisión avaliadora será a encargada de analizar ditas peticións así como toda a documentación presentada. Esa comisión estará integrada polo titular da Secretaría Xeral de Universidades (SXU), que actuará de presidente; dous representantes da SXU e un representante da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) en calidade de vogais; e a xefa do Servizio de Coordinación do Sistema Universitario, que exercerá de secretaria.

O recoñecemento como Máster Universitario Excelente terá unha vixencia de cinco cursos académicos ao fin dos cales poderá ser renovado por períodos sucesivos de igual duración.

Cómpre lembrar que a posta en marcha destas mencións de Máster de Excelencia das medidas contempladas no Plan para a Excelencia do SUG para o trienio 2018-20, co obxectivo de fixar unha estratexia coordenada que permita ás universidades galegas dar un salto de calidade e avanzar no camiño da excelencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre