Inicio Galicia Dúas empresas presentan as súas ofertas para a instalación do sistema de...

Dúas empresas presentan as súas ofertas para a instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona

0

Esta actuación, licitada por un importe duns 270.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de recibir as ofertas de dúas empresas para executar as obras de instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona.

Esta actuación, licitada por uns 270.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses.

Entre os traballos para mellorar as condicións de regulación desta presa proxéctase a posta en funcionamento dunha derivación sobre unha das dúas liñas de desaugue de fondo existentes, sobre a que dispor unha válvula de comporta e outra de regulación que permita a súa regulación nun rango entre 270 l/s y 10 l/s.

As actuacións inclúen a instalación na cámara de válvulas dun sistema de calefacción, para evitar condensacións, a mellora do sistema de auscultación mediante a substitución da pantallas de display de diversos aforadores, así como a incorporación de novos manómetros e un elongámetro telescópico dixital. Tamén se renovará completamente o cadro e o sensor en dous aforadores.

Os traballos permitirán, ademais, a mellora da carpintería metálica, a limpeza do paramento do aliviadero da presa, retirando a vexetación do seu interior, e a rehabilitación do tramos do camiño de coroación que presentan armaduras sen recubrimento.

Finalmente, procederase a desmontaxe e retirada completa das plataformas metálicas existentes no paramento de augas abaixo do dique da presa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre