Inicio Emergencias 112 Dous feridos moi graves, tres graves e dezaoito de carácter leve foron...

Dous feridos moi graves, tres graves e dezaoito de carácter leve foron atendidos en centros hospitalarios tras o accidente do Grove

0

A Consellería de Sanidade informa que ao longo desta tarde foron atendidas un total de 48 persoas que resultaron feridas de diversa consideración como consecuencia do accidente rexistrado en O Grove. Vinte e tres foron atendidas en centros hospitalarios. Dous delas foron ingresadas con queimaduras moi graves no CHUAC, e tres con queimaduras graves derivadas a Povisa. Os restantes pacientes foron atendidos con pronósticos de menor consideración no Hospital de Montecelo (7), no Hospital do Salnés (8), no Hospital Provincial de Pontevedra (1) e no Hospital Domínguez (2). Destes últimos, oito xa foron dados de alta.   O resto dos pacientes foron atendidos no PAC de O Grove e no mesmo lugar do suceso sen que fose necesario trasladalos a centros hospitalarios.   Dende o Sergas, a través das urxencias sanitarias 061 mobilizáronse 2 helicópteros; 3 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado; 12 ambulancias de soporte vital básico; 2 equipos sanitarios do PAC do Grove, 1 vehículo de apoio loxístico e 4 ambulancias de apoio. Ademais tamén participaron 5 equipos de Protección Civil (2 de Vilagarcía, 2 de Pontevedra e 1 da Estrada).   A Consellería de Sanidade agradece o traballo e a profesionalidade de todo o persoal dos dispositivos sanitarios, hospitais e centros de saúde, puntos de atención de urxencias e Urxencias Sanitarias-061

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre